Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Matemáticas Avanzadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Ao redor da metade do cuadrimestre farase na aula, no horario de clase, unha proba que consistirá en cuestións e a resolución dun exercicio sobre os contidos impartidos ata ese momento. Esta proba puntuará 2 puntos.

Con esta proba avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe:

- Adquirir o dominio necesario para abordar e resolver problemas matemáticos avanzados en Enxeñaría de Minas.

- Comprender os fundamentos básicos da teoría de ecuacións en derivadas parciais no contexto do modelado analítico dos procesos.
20 A1
A2
B7
C19
C20
D11
D12
Prácticas con apoio das TIC Resolveranse no laboratorio, ao longo do cuadrimestre, 4 casos concretos plantexados en teoría, e que incluirán a análise de resultados. Cada un dos casos puntuará 1.25 puntos.

Con estas probas avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe:

- Adquirir o dominio necesario para abordar e resolver problemas matemáticos avanzados en Enxeñaría de Minas.

- Manexar as técnicas elementais de resolución numérica de ecuacións en derivadas parciais con vistas á simulación.
50 A2
C19
C20
D4
D11
Metodoloxías baseadas en investigación Estudo dun traballo científico-tecnolóxico (artigo, vídeo...) e presentación do mesmo nun tempo aproximado de 5 minutos.

Terase en conta para subir nota soamente no caso de que se aprobe a materia co resto de Metodoloxías/Probas.
0 A1
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data e lugar sinalada pola comisión académica do máster para a avaliación final farase outra proba similar á anterior e puntuará 3 puntos.

Con esta proba avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe:

- Adquirir o dominio necesario para abordar e resolver problemas matemáticos avanzados en Enxeñaría de Minas.

- Comprender os fundamentos básicos da teoría de ecuacións en derivadas parciais no contexto do modelado analítico dos procesos.
30 A1
A2
B7
C19
C20
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación na primeira oportunidade do alumnado que seguise a avaliación continua (EC) levarase a cabo segundo se indica na táboa anterior.

Na segunda oportunidade de avaliación o alumnado que seguise a avaliación continua (AC) poderá repetir a última proba, mantendo a puntuación obtida nas probas de avaliación do cuadrimestre (casos concretos resoltos e proba de metade do cuadrimestre), ou poderá optar polo sistema de avaliación global.

Sistema de avaliación global: exame único sobre todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, co que se avaliarán tódolos resultados de aprendizaxe da mesma. Este exame constará de dúas partes, terá unha duración total de entre 4 e 5 horas e realizarase sen a axuda de apuntamentos ou material auxiliar.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000