Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Enxeñaría Mineira
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación de exercicios. Ao longo do curso, unha vez expostas e desenvolvidas no aula as ferramentas necesarias para abordar a resolución de exercicios, proporase un conxunto de exercicios para resolución autónoma e presencial por parte do estudante. A puntuación máxima é de 3 puntos.

Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Identificar as responsabilidades do enxeñeiro de minas na elaboración dos plans de labores. Seleccionar o método de explotación máis axeitado.
Planificar a explotación das explotacións mineiras manexando os parámetros de explotación convencionais
Dimensionar determinados servizos mineiros empregando software específico.
Seleccionar emprazamentos, cubicar volumetrías e elaborar plans de execución en obras de almacenaxe de residuos mineiros.
30 C2
C5
C6
C7
C12
D10
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso formularase a realización de traballos individual e/ou grupo. No caso de facer o traballo en grupo a cualificación realizarase por grupo. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 4 puntos.

Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Identificar os principios básicos da sostibilidade na actividade das explotacións mineiras e integrar estes principios no deseño de solucións tecnolóxicas. Identificar as responsabilidades do enxeñeiro de minas na elaboración dos plans de labores. Planificar a explotación das explotacións mineiras manexando os parámetros de explotación convencionais.
Dimensionar determinados servizos mineiros empregando software específico
Seleccionar emprazamentos, cubicar volumetrías e elaborar plans de execución en obras de almacenaxe de residuos mineiros.
40 A2
A3
A5
B2
B3
D3
D6
Lección maxistral Avaliación dunha proba escrita sobre os contidos desenvoltos na sesión maxistral. A puntuación máxima da proba é 3 puntos.

Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Identificar os principios básicos da sostibilidade na actividade das explotacións mineiras e integrar estes principios no deseño de solucións tecnolóxicas aplicando el código de boas condutas mineiras e medioambientais. Identificar as responsabilidades do enxeñeiro de minas na elaboración dos plans de labores. Coñecer os métodos de explotación especiais e a tecnoloxía e equipamento asociados.
Seleccionar emprazamentos, cubicar volumetrías e elaborar plans de execución en obras de almacenaxe de residuos mineiros, así como a lexislación dese ámbito
30 A5
B3
C2
D1
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua
O alumnado irá entregando os problemas vistos en clase, unha semana despois de ser expostos en clase, cunha puntuación máxima de 3 puntos sobre a nota global.
O último día de clase deberá presentar o traballo que irá realizando ao longo do curso e que valerá 4 puntos da nota global.
Finalmente, o día do exame realizará unha proba teórica do contido das clases maxistrais impartidas e cuxo peso sobre a nota global será de 3 puntos.

O alumnado disporá dun mes para indicar que renuncia á avaliación continua.

Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade o alumnado poderá entregar, con data límite o día do exame de segunda oportunidade, os traballos que non presentaran ao longo do curso e que se citan na avaliación continua coa mesma porcentaxe sobre a nota global.

Avaliación global
O alumnado que renuncie a avaliación continua realizará un único exame que será teórico e práctico, sobre o contido visto na materia, cunha puntuación de 10 puntos.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000