Metodoloxías integradas |
Ao longo do curso formularase a realización de traballos individual e/ou grupo. No caso de facer o traballo en grupo a cualificación realizarase por grupo. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 4 puntos. A puntuación mínima requerida neste epígrafe é 1,6 puntos.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Identificar os principios básicos da sostibilidade na actividade das explotacións mineiras e integrar estes principios no deseño de solucións tecnolóxicas. Identificar as responsabilidades do enxeñeiro de minas na elaboración dos plans de labores. Planificar a explotación das explotacións mineiras manexando os parámetros de explotación convencionais.
Dimensionar determinados servizos mineiros empregando software específico
Seleccionar emprazamentos, cubicar volumetrías e elaborar plans de execución en obras de almacenaxe de residuos mineiros.
|
40 |
A2 A3 A5
|
B2 B3
|
|
D3 D6
|
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre un máximo de 10 puntos. Para sumar as cualificacións obtidas en cada un dos sistemas de avaliación, é necesario acadar a puntuación mínima en cada un de eles. Para a avaliación da segunda convocatoria empregarase o mesmo criterio de avaliación, pero a proposta de exercicios, traballos e a proba escrita serán diferentes ás formuladas para a primeira convocatoria, salvo que se teña acadada a puntuación mínima no epígrafe correspondente. As datas de avaliación para o curso académico 2017-2018 poden consultarse
na páxina web da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía http://minasyenergia.uvigo.es/ De acordo co calendario aprobado pola xunta de centro, serán o 1 de xuño (convocatoria ordinaria) e o 4 de xullo (convocatoria extraordinaria). |