Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Enxeñaría de Explosivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Resolución de exercicios que o alumno deberá ir realizando ao longo da materia.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe:
- Comprender e aplicar a teoría xeral de voaduras.
- Comprender a interrelación entre as diferentes compoñentes do custo de fragmentación por voadura e a súa influencia no deseño de voaduras.
- Deseñar voaduras con control de vibracións, con control de danos no macizo, voaduras subacuáticas así como outras técnicas menos habituais.
20 B2
B3
C9
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito sobre a parte teórica da materia consistente en preguntas de resposta curta.
Esta metodoloxía comprende a avaliación de tódalas leccións maxistráis impartidas na clase polo profesor de tódolos resultados de aprendizaxe contemplados nesta asignatura.
40 A5
B2
B3
C9
D5
D8
Traballo Traballo relacionado coa materia e que sexa previamente acordado co profesor que consistirá nun proxecto real de voladuras especiáis nunha explotación mineira. 40 A5
B2
B3
C9
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado realizará 3 práticas de informática titorizadas que deberá completar en casa e entregar unha semana despois da súa realización. Este tres exercicios puntúan 2 puntos. O alumnado deberá asistir a estas prácticas para que poidan ser puntuadas.

O último día de clase deberá presentar o traballo dun proxecto de voaduras que irá realizando ao longo do curso e que valerá 4 puntos da nota global.

Finalmente, o día do exame realizará unha proba teórica do contido das clases maxistrais impartidas e cuxo peso sobre a nota global será de 4 puntos.

O alumnado disporá dun mes para indicar que renuncia á avaliación continua.

Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade o alumnado poderá entregar, con data límite o día do exame de segunda oportunidade, os traballos que non presentara ao longo do curso e que se citan na avaliación continua, coa mesma porcentaxe sobre a nota global.

Avaliación global

O alumnado que renuncie á avaliación continua realizará un único exame que será teórico e práctico, sobre as clases maxistrais e as prácticas de informática realizadas, cunha puntuación de 10 puntos.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000