Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Enxeñaría de Explosivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Resolución de exercicios co alumno deberá ir realizando ao longo da materia. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito consistente nunha parte teórica e unha práctica. A parte teórica estará composta de preguntas de resposta curta e dun pequeno cuestionario tipo test. A parte práctica consistirá na resolución dun ou dous exercicios nos cales o alumno deberá demostrar que posúe as capacidades e coñecementos necesarios para poder deseñar unha voadura de maneira autosuficiente. Cada unha das partes do exame avalía un 35%, debendo superar o alumno ambas as partes para poder superar a materia. 70
Traballos e proxectos Defensa durante 30 minutos dun traballo relacionado coa materia e que fose previamente acordado co profesor. 15
Outras Avaliación continua onde se terá en conta a participación do alumnado. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira convocatoria, é necesario realizar e entregar os traballos propostos durante o curso. Nesta convocatoria, a nota final será a suma da nota alcanzada no exame (ata un 70%) e a nota alcanzada no resto de complementos (participación e traballos entregados, ata un 30%).

En convocatorias posteriores do mesmo curso, a nota do exame suporá o 100% da nota final.

 

As datas de exámenes para o curso
académico 2014-2015 poden consultarse na páxina web da ETSI Minas:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0
(MÁSTER UNIVERSITARIO EN ENXEÑARÍA DE MINAS, Exames_MASTER_UEM_14_15.pdf)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000