Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Enxeñaría de Explosivos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


1. Modalidade semipresencial

No caso de activarse o ensino semipresencial suporía unha redución dos aforamentos dos espazos docentes empregados na modalidade presencial, polo que como primeira medida o centro proporcionaría ao profesorado da materia a información relativa aos novos aforamentos dos espazos docentes, ao obxecto de que poida proceder a reorganizar as actividades formativas do que resta do cuadrimestre. Cabe sinalar que a reorganización dependerá do momento ao longo do cuadrimestre en que se active dita modalidade de ensino. Na reorganización dos ensinos seguiríanse as seguintes pautas:

Informar a todo o alumnado a través da plataforma MooVi das condicións en que se desenvolverán as actividades formativas e as probas de avaliación que resten para finalizar o cuadrimestre.

As sesións de tutorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de MooVi, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

No caso de que parte do alumnado teña realizadas prácticas de laboratorio instrumental ou de informática de forma presencial, realizar presencialmente, de ser posible, estas actividades ou equivalentes para o alumnado que non as realizou.

Das actividades que resten para finalizar o cuadrimestre, identificar aquelas actividades formativas que poidan ser realizadas por todo o alumnado de forma presencial e as actividades formativas que se realizarán en modo remoto.

En relación as ferramentas para empregar nas actividades formativas que se realicen en modo non presencial, contarase co uso de CampusRemoto e a plataforma MooVi.



2. Modalidade non presencial

No caso en que se active a modalidade de ensino non presencial (suspensión de todas as actividades formativas e de avaliación presenciais) empregaranse as ferramentas dispoñibles na actualidade na Universidade de Vigo: Campus Remoto e MooVi. As condicións de reorganización dependerán do momento ao longo do cuadrimestre en que se active dita modalidade de ensino. Na reorganización dos ensinos seguiríanse as seguintes pautas:

2.1. Comunicación
Informar a todo o alumnado a través da plataforma MooVi das condicións nas que se devolverán as actividades formativas e as probas de avaliación que resten para finalizar o cuadrimestre.

2.2. Adaptación e/ou modificación de metodoloxías docentes

Dado que as metodoloxías docentes están concibidas para a modalidade de ensino presencial indícanse a continuación as metodoloxías docentes que se manterán e cales se modificarían ou substituirían na modalidade non presencial.


As metodoloxías docentes que se modifican son as seguintes: No caso de actividades formativas que figuran na modalidade presencial tipo actividades de campo, laboratorio ou outro tipo de prácticas, empregaranse vídeos explicativos, con resolución de cuestionarios finais, ou traballos persoais

2.3. Adaptación de atención de tutorías e atención personalizada
As sesións de tutorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de MooVi, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

2.4. Avaliación
En caso de desenvolverse a materia por vía telemática, variaranse as porcentaxes de cada un dos métodos de avaliación, segundo o seguinte esquema:

a) Exame escrito teórico, composto de preguntas de resposta curta e dun pequeno cuestionario tipo test. Esta metodoloxía comprende a avaliación de todos os resultados de aprendizaxe contemplados nesta materia. Desenvolverase por medios telemáticos en tempo real. Valor do mesmo: 40 % nota final

b) Resolución de exercicios que o alumno deberá ir realizando ao longo da materia.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe:
-Comprender e aplicar a teoría xeral de voaduras.
-Comprender a interrelación entre as diferentes compoñentes do custo de fragmentación por voadura e a súa influencia no deseño de voaduras.
-Deseñar voaduras con control de vibracións, con control de danos no macizo, voaduras subacuaticas, demolicións e outras técnicas menos habituais
Valor do mesmo: 50% nota final

c) Valoración do desempeño do alumno na docencia da asignatura, considerando tanto a docencia presencial como telemática, a participación na resolución de problemas e cuestións expostas, visitas externas, etc. Valor do mesmo: 10% nota final

2.5. Bibliografía ou material adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Irase actualizando co desenvolvemento da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000