Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Eficiencia Térmica e Coxeración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación pública do traballo de auditoría. Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe. 20 A1
A2
C3
D6
D10
D11
Traballo Realización dun traballo/proxecto de auditoría enerxética: formulación dun caso real, análise das posibles medidas a tomar, avaliación económica das medidas, realización dunha memoria escrita, planos e orzamentos.
Incidirase especialmente na parte de organización e xestión enerxéticas dentro do ámbito industrial.
Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe.
40 A1
A2
C3
D6
D10
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas onde se demostrarán os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e na aula de informática. Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe. 40 A1
A2
C3
D6
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua - Primeira Oportunidade:

O alumnado deberá obter unha avaliación mínima de 5 puntos sobre
10 en todos os ítems/probas da materia. Na data oficial de exame realizarase soamente a
proba de preguntas “Resolución de problemas e/ou exercicios”.

Avaliación continua - Segunda Oportunidade:

O alumnado deberá obter unha avaliación mínima de 5 puntos sobre
10 en todos os items/probas da materia. Na data oficial de exame realizaranse a
proba de “Resolución de problemas e/ou exercicios” e o
traballo deberá ser entregado e presentado con antelación á mesma.

Avaliación Global - Primeira e segunda oportunidade:

O alumnado que renunciou á avaliaciónn continua entregará o
traballo de auditoría antes da data oficial do exame, valorándose como o
50% da nota total e, ademáis, deberá aprobar o exame de preguntas de
desenvolvemento que se valorará como o 50% da nota final.

O alumnado que non asista a clase deberá realizar unha proba sobre
contidos da materia na que demostre que domina as ferramentas empregadas nas
aulas de informática, ademais dun exame sobre coñecementos impartidos nas aulas
de teoría onde responderá a preguntas sobre temas a desenvolver e problemas.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000