Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Enerxía Térmica Convencional e Renovable
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Realizarase unha avaliación continua dos traballos expostos,
RESULTADOS: Realizar unha primeira aproximación á planificación e xestión da xeración, transporte, distribución e utilización dos recursos enerxéticos. Identificar e seleccionar os combustibles e elementos de combustión máis apropiados.
25 A2
A4
C3
D3
D6
D9
Resolución de problemas O alumnado realizará problemas avaliables que deberá entregar ao longo do curso e que suporán un valor total do 20%. Ademais, realizará un exame de problemas na data oficial programada que valerá un 30%. O total deste apartado será dun 50%.
RESULTADOS: Realizar unha primeira aproximación á planificación e xestión da xeración, transporte, distribución e utilización dos recursos enerxéticos. Identificar e seleccionar os combustibles e elementos de combustión máis apropiados.
50 A2
A4
C3
D3
D6
Lección maxistral Poderase realizar un exame dos temas expostos.
RESULTADOS: Realizar unha primeira aproximación á planificación e xestión da xeración, transporte, distribución e utilización dos recursos enerxéticos. Identificar e seleccionar os combustibles e elementos de combustión máis apropiados.
10 A2
A4
C3
Traballo Realizarase unha avaliación continua dos traballos expostos en clase.
RESULTADOS: Realizar unha primeira aproximación á planificación e xestión da xeración, transporte, distribución e utilización dos recursos enerxéticos. Identificar e seleccionar os combustibles e elementos de combustión máis apropiados.
15 A4
C3
D3
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

De acordo á
normativa, as diferentes probas que se realizarán non superarán o 40% da
nota total final.

Por iso, a longo
do curso se realizarán de forma individual e a través dun proceso de tutorización unha serie de problemas, que se deberán entregar resoltos nos prazos
que se fixarán ao longo do curso. O conxunto destes problemas/probas valerá o 20% da nota final.

O exame oficial
final constará de dúas partes:

  • Resolución de problemas cun
    valor do 30%
  • Parte teórica que corresponde á metodoloxía "Lección maxistral" cun valor do 10%

Tamén se realizará
ao longo do curso un traballo individual que será entregado e
presentado en clase e que valerá, respectivamente, o 15% e o 25% da nota
final.

A data do exame oficial final será fixada pola Escola:

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O alumnado poderá
conservar as notas de cualificación obtidas nas probas previas ao exame
oficial final da primeira oportunidade, ou facer un exame único que as substitúa para poder obter o 100% da nota total final.

AVALIACIÓN GLOBAL

Aqueles alumnos
que non desexen seguir a modalidade de avaliación continua, poderán renunciar á mesma no
prazo mínimo dun mes e máximo ata 6 semanas desde o inicio do
cuadrimestre. Realizarán un exame único equivalente que valore as metodoloxías descritas (90% parte práctica/problemas e 10% parte de teoría) na
data oficial marcada pola Escola, tanto na primeira como na segunda
oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000