Guia docente 2017_18
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Modelización e Avaliación de Recursos Mineiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
Os resultados da aprendizaxe son:
Realizar unha primeira aproximación á avaliación dun xacemento.
Elaborar bases de datos e tratamentos dos mesmos para a avaliación dun
xacemento.
Aplicar a Geoestadística ao estudo e estimación dun xacemento.

50 A2
A5
B2
B3
C1
C11
D5
D9
D12
Observación sistemática Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados nunha listaxe de condutas ou criterios operativos que facilite a obtención de datos cuantificables.
Os resultados de aprendizaxe son:
Dominar a terminoloxía do ámbito da modelización e avaliación de recursos
mineiros.

10 A2
B3
C1
C11
D12
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
Os resultados de aprendizaxe son:
Realizar unha primeira aproximación á avaliación dun xacemento.
Elaborar bases de datos e tratamentos dos mesmos para a avaliación dun
xacemento.
Aplicar a Geoestadística ao estudo e estimación dun xacemento.
40 A2
A5
B2
B3
C1
C11
D5
D9
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria extraordinaria de Xullo:

Para poder presentarse a calquera das convocatorias é imprescindible entregar os informes/memorias de prácticas.

Aqueles alumnos que non se presentaron á convocatoria ordinaria, a avaliación será como aquela.

Aqueles alumnos que se presentaron e non superaron a convocatoria ordinaria deberán realizar as probas prácticas de execución de tarefas, que serán o 100% da nota.

A validez dos exercicios, memorias, informes de prácticas é dun curso académico.

Datas de Avaliación:

As datas de avaliación para o curso académico 2017-2018 poden consultarse na páxina web da EME: http://minasyenergia.uvigo.es/images/docs/docencia/exames/Exames_MUEM_2017-18_XE_20-06-2017.pdf

De acordo co calendario aprobado pola Xunta de Escola, serán o 25 de xaneiro (convocatoria ordinaria) e o 18 de xuño (convocatoria extraordinaria).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000