Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Recursos Renovables e non Renovables. Xeomática Avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Entrega de problemas resoltos en clase.
Resultados da aprendizaxe evaluados:
Os alumnos deberán coñecer os fundamentos dos Sistemas de Información Xeográficos.
Os alumnos deberán coñecer as características principais das ferramentas SIX existentes no mercado.
Os alumnos deberán executar proxectos SIX aplicados ó sector mineiro e enerxético.
40 A1
A2
B5
C3
D11
Exame de preguntas obxectivas Examen tipo test ou preguntas curtas.
Resultados da aprendizaxe evaluados:
Os alumnos deberán coñecer os fundamentos dos Sistemas de Información Xeográficos.
Os alumnos deberán coñecer as características principais das ferramentas SIX existentes no mercado.
Os alumnos deberán executar proxectos SIX aplicados ó sector mineiro e enerxético.
25 A2
C3
D11
Traballo O alumnado presentará e defenderá un traballo realizado de forma autónoma coa titorización dos docentes. 35 A1
A2
B5
C3
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poden optar por renunciar á avaliación continua e solicitar a avaliación global. Esta solicitude secuenciarase unha vez transcorrido un mes dende o inicio do cuadrimestre, e será posible durante un período de tres (3) semanas.

Os elementos de avaliación serán os seguintes:

Avaliación continua primeira oportunidade:

Estableceranse datas improrrogables ao longo do período lectivo para realizar entregas periódicas de problemas.

O traballo titorizado entregarase e defenderase nas últimas semanas lectivas da materia en data por definir.

O exame de preguntas obxectivas terá lugar, preferentemente, na data oficial da primeira oportunidade.

Segunda oportunidade de avaliación continua:

Establecerase unha data de entrega de problemas antes da data oficial do exame de segunda oportunidade.

No caso de telo entregado, gardarase a avaliación do traballo tutelado da primeira oportunidade. No caso de que non se fixera a devandita entrega na primeira oportunidade ou ben por petición do alumnado, a porcentaxe de avaliación correspondente ao traballo tutelado (35%) dividirase entre o exame de cuestións obxectivas (15%) e a resolución de problemas (20%).

O exame con preguntas obxectivas e resolución de problemas terá lugar na data oficial da segunda oportunidade.

Avaliación global (primeira e segunda oportunidade):

A avaliación global obterase a través da realización dun exame tipo test ou preguntas curtas (25 % da nota da materia) e da entrega de problemas resoltos (75 % da nota da materia). 

Calendario de exames: Consultar de forma actualizada na páxina web do centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000