Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Procesos de Carboquímica e Petroquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outras Realizaranse dous controis nos dous primeiros temas, constando cada control dalgunhas preguntas de resposta curta e tres problemas. A nota media de ambos os controis representará o 25% da cualificación final.

Dos tres últimos temas realizarase outro control con preguntas tipo test e representará o 25% da cualificación final.
50
Probas de tipo test A finalidade destas probas de resposta múltiple, que figuran no calendario de exames da Escola, é avaliar o nivel de coñecementos teóricos alcanzado polos alumnos.
A puntuación será de 0 a 10 e a nota mínima que deberá obter cada alumno será un 3,5.
25
Resolución de problemas e/ou exercicios A destreza alcanzada polos alumnos para resolver casos prácticos será avaliada mediante estas probas, que figuran no calendario de exames da Escola.
A puntuación será de 0 a 10 e a nota mínima que deberá obter cada alumno será un 3,5.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AOS ALUMNOS QUE NON ALCANCEN A NOTA MÍNIMA ESIXIDA NA PROBA TIPO TEST NON SE LLES AVALIARÁ A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, E VICEVERSA.

CON RESPECTO AO EXAME DE XULLO (2ª convocatoria), MANTERASE A CUALIFICACIÓN DOS TRES CONTROIS REALIZADOS DURANTE O CUADRIMESTRE, POLO QUE OS ALUMNOS SÓ REALIZARÁN A PROBA TIPO TEST E A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS DO DEVANDITO EXAME. 

As datas de avaliación para o curso académico 2014-2015 poden consultarse na páxina web da ETSI Minas:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0 (MÁSTER UNIVERSITARIO EN ENXEÑARÍA DE MINAS, Exames_MASTER_UEM_14_15.pdf)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000