Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Procesos de Carboquímica e Petroquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Durante as clases maxistrais os alumnos, en grupo, enfrontaranse a diversos problemas que se axustan ao tema teórico que se está abordando na aula 5 A3
A5
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Proponse diferentes casos prácticos nos que o alumno debe analizar o problema, detectar as posibles opcións e discutir a solución máis viable desde o punto de vista técnico, económico e ambiental 25 A3
A5
D1
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán prácticas de laboratorio sobre transformación de materias primas para obter produtos de valor engadido. Débese entregar un informe cos principais resultados atopados, así como unha discusión en profundidade dos mesmos. 10 A2
D11
D12
Probas de resposta curta Ao finalizar cada tema ou bloque de temas o realizaranse probas escritas con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade. Avaliarase a capacidade de síntese á hora de relacionar conceptos, dun modo sinxelo e comprensible. A puntuación será de 0 a 10 e a nota mínima que deberá obter cada alumno será un 3,5. 60 A1
A3
A5
D1
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación do estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de “presentado/a” e, por tanto, a asignación dunha cualificación. Para superar a materia, é necesario que o alumno obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas a avaliar (probas de resposta curta, resolución de problemas e/ou exercicios en grupo e de forma autónoma, e as prácticas de laboratorio). Os alumnos que non sigan a avaliación continua, realizarán unha proba no mes de Maio e Xullo (12 de xaneiro de 2018 e 22 de xuño de 2018 resectivamente) na que se exporán preguntas de resposta curta e resolución de problemas. Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado no que concierne a copia, plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados ou compromiso co traballo colaborativo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000