Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Deseño e Execución de Obras Subterráneas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Os contidos teóricos da materia avaliaranse a través de dúas probas escritas: Parcial 1 (30%) e Parcial 2 (30%); ambas constarán de dúas partes, unha de teoría e outra de problemas.

Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe:
Integración do coñecemento das diferentes disciplinas que conflúen nesta materia. Comprensión dos aspectos básicos sobre tecnoloxía e seguridade na obra subterránea.
Coñecemento dos documentos que integran un proyecto dunha obra subterránea e os sus contidos.
Coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo, e no deseño da obra e selección dos métodos de execución. Coñecemento e aplicación das técnicas de estimación e rendementos de avance dos métodos de execución de túneles, dos principios de deseño de voladuras no marco da materia e os principios fundamentais da seguridad durante a construcción da obra subterránea.
60 A2
A3
A5
C1
C4
C13
C16
C19
C20
D2
D5
D6
D8
D12
Traballo Avaliaranse os traballos e proxectos realizados durante o curso, así como o grado de implicación do alumnado. A avaliación desglosarase en Presentación oral (20%) e Informe de prácticas (20%).

Con estes traballos avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe:
Integración do coñecemento das diferentes disciplinas que conflúen nesta materia. Comprensión dos aspectos básicos sobre tecnoloxía e seguridade na obra subterránea. Coñecemento dos documentos que integran un proyecto dunha obra subterránea e os seus contidos. Coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo, e no deseño da obra e selección dos métodos de execución.
40 A2
A3
A5
C1
C4
C13
C16
C19
C20
D2
D5
D6
D8
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Unha vez comezado o cuadrimestre o estudantado terá un mes para comunicarlle ao coordinador da materia a súa decisión de renunciar ao sistema de avaliación continua e pasar a avaliación global.

Avaliación continua, primeira oportunidade:

Antes da data oficial do exame na convocatoria ordinaria, a cualificación de cada estudante virá da suma do Primeiro Parcial (30%) + Segundo Parcial (30%) + Traballo-Presentación oral (20%) + Traballo-Informe prácticas (20%).

Cada parcial terá dúas partes: unha de teoría e outra de problemas. En cada parcial deberá obterse unha cualificación mínima de 3.5/10 tanto na teoría como nos problemas. Se non se supera este mínimo, a cualificación dese parcial corresponderase coa cualificación mínima obtida.

É importante subliñar que as prácticas non son obrigatorias pero o estudantado poderá presentar o informe das prácticas de tódolos xeitos e será avaliado.

O estudantado que non obteña máis dun 4 nalgún dos parciais, terá que facer a súa parte correspondente no exame final na data oficial da primeira oportunidade. Neste caso, o exame terá un peso na nota final do 30% (se non aprobou un parcial) ou do 60% (se non aprobou ningún dos dous parciais). No exame final, deberá obterse unha cualificación mínima de 3.5/10 na teoría e nos problemas das partes equivalentes a cada parcial. Se non se supera este mínimo, a cualificación desa parte equivalente a un parcial será a cualificación mínima obtida na teoría ou nos problemas. O resto de actividades seguen tendo o mesmo peso que os indicados previamente.

Se se obtén máis dun 4/10 nas dúas partes equivalentes dos parciais no exame oficial, a cualificación final da materia corresponderase con: Primeiro Parcial (ou parte equivalente no exame final, 30%) + Segundo Parcial (ou parte equivalente no exame final, 30%) + Traballo-Presentación oral (20%) + Traballo-Informe prácticas (20%). Se non se cumpre o mínimo de 4/10, a nota final corresponderase coa nota máis baixa obtida nos parciais ou partes equivalentes no exame final.

Avaliación continua, segunda oportunidade:

O estudantado terá dereito a un exame cun peso dun 100% da nota final da materia. Neste caso o estudantado deberá obter como mínimo un 4/10 tanto na teoría como nos problemas. Se non se superan os mínimos, a cualificación final corresponderase coa cualificación mínima obtida. Se se superan os mínimos, o exame estará aprobado cunha cualificación de 5/10.

Avaliación global:

O estudantado que renuncie ao sistema de avaliación continua poderá presentarse ao exame final da materia nas datas oficiais, tendo este exame un peso dun 100% da nota final. Dito exame estará formado por unha parte de teoría e outra de problemas. En cada unha destas partes, deberá obterse unha cualificación mínima de 4/10. Se non se superan os mínimos, a cualificación final do exame corresponderase coa cualificación mínima obtida. Se se superan os mínimos, o exame estará aprobado cunha cualificación de 5/10.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000