Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Explosivos e Voaduras
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a resolución correcta dos exercicios expostos 5
Presentacións/exposicións Valorarase a calidade na exposición e presentación dos traballos así como o seu contido 5
Seminarios A avaliación dos coñecementos impartidos nos seminarios incluirase dentro da metodoloxía: proba de resposta longa. 5
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación en clase 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Valorarase a completitud, exactitude, redacción e presentación das preguntas expostas tanto teóricas como prácticas 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A valoración da asistencia require que esta sexa continuada aceptándose unicamente as faltas debidamente xustificadas.

Deberá entregarse un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e

maquetado.

O alumnado realizará unha exposición dun tema da súa elección, sobre calquera aspecto relacionado coa materia e que implique unha ampliación de coñecementos da mesma.

Para aprobar a materia é requisito necesario ter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica e outro tanto na parte práctica da proba realizada ao termo do cuadrimestre.

Os exames realizaranse na data, horario e lugar aprobados pola Xunta do Centro estando a información máis actualizada na dirección web seguinte:


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000