Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Explosivos e Voaduras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesor resolverá e exporá a resolución de exercicios ou problemas sinxelos apoiándose no coñecemento impartido. O alumnado traballará tanto de forma autónoma como en grupo na súa resolución.
Presentacións/exposicións O alumnado exporá oralmente os traballos que se lle asignen na materia
Titoría en grupo O alumnado exporá as dúbidas e dificultades tanto das sesións maxistrais como na resolución de exercicios ou no prácticas TIC.
Seminarios Profesionais do campo dos explosivos e voaduras impartirán seminarios sobre aspectos específicos da materia. O contido dos mesmos será obxecto de avaliación.
Saídas de estudo/prácticas de campo Ensinarase in situ todo o proceso de carga e disparo dunha voadura.
Prácticas en aulas de informática Ensinarase como implementar os exercicios de voadura nun libro de cálculo.
Sesión maxistral Exporanse e explicarán os fundamentos dos conceptos e técnicas que aborda a materia nas clases teóricas. O alumnado profundará nos mesmos coa axuda da bibliografía recomendada polo profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000