Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Explotación Sostible de Recursos Mineiros
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

1. Modalidade semipresencial

No caso de activarse a ensinanza semipresencial suporía unha redución dos aforos dos espazos docentes empregados na modalidade presencial, polo que como primeira medida o centro proporcionaría ao profesorado da materia a información relativa aos novos aforos dos espazos docentes, ao obxecto de que poida proceder a reorganizar as actividades formativas do que resta do cuadrimestre. Cabe sinalar que a reorganización dependerá do momento ao longo do cuadrimestre en que se activase dita modalidade de ensino. Na reorganización das ensinanzas seguiríanse as seguintes pautas:

Informar a todo o alumnado a través da plataforma Moovi das condicións en que se desenvolverán as actividades formativas e as probas de avaliación que resten para finalizar o cuadrimestre.

As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

No caso de que parte do alumnado tiña realizadas prácticas de laboratorio instrumental ou de informática de forma presencial, realizar presencialmente, de ser posible, estas actividades ou equivalentes para o alumnado que non as realizou.

Das actividades que resten para rematar o cuadrimestre, identificar aquelas actividades formativas que poidan ser realizadas por todo o alumnado de forma presencial e as actividades formativas que se realizarán en modo remoto.

En relación as ferramentas para a empregar para as actividades formativas que se realicen en modo non presencial, contarase co uso de CampusRemoto e a plataforma Moovi.

2. Modalidade non presencial

No caso en que se active a modalidade de ensino non presencial (suspensión de todas as actividades formativas e de avaliación presenciais) empregaranse as ferramentas dispoñibles na actualidade na Universidade de Vigo: Campus Remoto e Moovi. As condicións de reorganización dependerán do momento ao longo do cuadrimestre en que se active dita modalidade de ensino. Na reorganización das ensinanzas seguiríanse as seguintes pautas:

2.1. Comunicación

Informar a todo o alumnado a través da plataforma Moovi das condicións nas que se devolverán as actividades formativas e as probas de avaliación que resten para finalizar o cuadrimestre.

2.2. Adaptación e/ ou modificación de metodoloxías docentes

Dado que as metodoloxías docentes están concibidas para a modalidade de ensino presencial indícanse a continuación as metodoloxías docentes que se manterían e cales se modificarían ou substituirán na modalidade non presencial.

As metodoloxías docentes que se manteñen son as seguintes, dado que poden empregarse en modalidade presencial e non presencial:

Lección maxistral: Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. En caso de modalidade non presencial, a docencia levará a cabo a través do CampusRemoto e a plataforma Moovi .

Resolución de problemas: Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións idóneas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. A resolución dalgúns problemas apoiarase no emprego do TIC. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. En caso de modalidade non presencial, a docencia levará a cabo a través do CampusRemoto e a plataforma Moovi .

Estudo de casos: Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. En caso de modalidade non presencial, a docencia levará a cabo a través do CampusRemoto e a plataforma Moovi .

Estudo previo: Busca, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios que se realizarán... de forma autónoma por parte do alumnado.

As metodoloxías docentes que se modifican son as seguintes:

Na modalidade non presencial, os contidos, competencias e resultados de aprendizaxe abordados nas prácticas de laboratorio serán traballados a través da metodoloxía docente Estudo de caso ou vídeos interactivos.

Na modalidade non presencial, as saídas de estudo programadas durante o curso serán substituídas por vídeos interactivos ou a organización de eventos científicos protagonizados por relatores de reputada experiencia profesional no ámbito de coñecemento da materia.

2.3. Adaptación de atención de titorías e atención personalizada

As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

2.4. Avaliación

O método de avaliación empregado na modalidade non presencial é o mesmo que o aplicado na modalidade presencial. As metodoloxías que substitúen ás presenciais na modalidade non presencial terán o mesmo peso que as primeiras na avaliación final da materia. Os mínimos esixidos en cada proba tamén se manteñen na modalidade non presencial.

O método de avaliación empregado na convocatoria extraordinaria de Xullo é o mesmo que o aplicado na primeira convocatoria. Os mínimos esixidos en cada proba tamén se manteñen na modalidade non presencial.

2.5. Bibliografía ou material adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

As referencias bibliográficas recollidas nesta guía docente constitúen unha fonte de información apta para a auto-aprendizaxe do alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000