Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Explotación Sostible de Recursos Mineiros
   Contidos
Tema Subtema
A EXPLOTACIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS MINEIROS. A INDUSTRIA MINEIRA Definicións e terminoloxía en minería. O concepto actual de minería. Clasificación das sustancias minerais. Características diferenciais das industrias mineiras. Panorama actual dos recursos minerais no mundo e en España. Implicacións de carácter multidisciplinar da industria e tecnoloxía mineiras: técnico-económicas, sociais, lexislativas, ambientais e de seguridade e saúde. Códigos de boas condutas.
MÉTODOS DE EXPLOTACIÓN E SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN Métodos e sistemas de explotación. O ciclo mineiro principal e auxiliar.
NATUREZA E ÁMBITO DA MINERÍA A CEO ABERTO Ciclo mineiro principal e auxiliar en minería a ceo aberto. Maquinaria de arranque, carga, transporte e servizos en minería. Terminoloxía usada na minería a ceo aberto. Ratio Xeométrico e Económico. Introdución á planificación mineira. Dimensionado de equipos.
Aspectos fundamentais que condicionan a selección do método de explotación a ceo aberto idóneo para a explotación dun determinado recurso mineral: aspectos técnico-económicos, sociais, de seguridade e saúde e de tipo ambiental.
CANTEIRAS PARA MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN E OBRA PÚBLICA

Técnicas de arranque de rocas ornamentais. Características xerais das canteiras de materiais de construción e obra pública. Ciclo básico de produción. Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios do método de explotación.
CORTAS Descrición do método de explotación por corta. Campo de aplicación e deseño básico dunha corta. Equipos empregados. Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios do método de explotación.
MINERÍA POR TRANSFERENCIA Descrición do método de explotación por transferencia. Método de explotación por descuberta. Campo de aplicación, sistemas de explotación. Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios do método de explotación.
MINERÍA QUÍMICA Minería por lixiviación: ciclo básico de produción. Sistemas de lixiviación. Comparación dos sistemas de lixiviación. Outros métodos de minería química. Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios do método de explotación.
NATUREZA E ÁMBITO DA MINERÍA SUBTERRÁNEA Labores de infraestrutura, preparación e arranque. Terminoloxía empregada en minería subterránea: labores e operacións. Implantación mineira.
Clasificación dos métodos de explotación por minería subterránea. Ciclo mineiro de produción e auxiliar en minería subterránea. Equipos.
Distribución de tensións ao redor de escavacións. Campo de influencia dunha escavación. Resposta do macizo rochoso durante a actividade das frontes de produción. Formas de controlar os ocos mineiros.
Aspectos fundamentais que condicionan a selección do método de explotación idóneo para a explotación subterránea dun determinado recurso mineral: aspectos técnico-económicos, sociais, de seguridade e saúde e de tipo ambiental.
MÉTODOS DE EXPLOTACIÓN CON SOSTEMENTO NATURAL Aspectos xerais sobre os métodos con sostemento natural. "Cámaras e pilares". Teoría da área atribuída. "Cámaras e pilares" en minería metálica. "Cámaras e pilares" en carbón. "Cámaras vacías con arranque desde subniveles". Campo de aplicación, xeometría do método, arranque con barrenos en paralelo e en abanico, vantaxes e limitacións. "Cámaras vacías con grandes barrenos". "Cámaras vacías con voadura con cargas esféricas (VCR)". Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios dos métodos de explotación.
MÉTODOS DE EXPLOTACIÓN CON SOSTEMENTO ARTIFICIAL Mecanismos de comportamento do "relleno". Análise das tensións ao redor dunha cámara con "corte e relleno". Campo de aplicación dos métodos con "corte e relleno". "Método de explotación por corte e relleno ascendente". "Método de explotación por corte e relleno descendente". Tipos de "relleno" e propiedades. Parámetros preliminares da operación de "relleno". Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios dos métodos de explotación.
"MÉTODOS DE EXPLOTACIÓN POR HUNDIMIENTO" "Método de explotación por tajo largo". Mecanismos básicos de "hundimiento" e distribución das tensións ao redor da fronte. Ciclo de produción: mecanización integral. "Método de explotación por subniveles hundidos". Aspectos xeomecánicos do método de explotación. Ciclo de produción. "Método de explotación por bloques hundidos". Aspectos técnico-económicos ambientais e de seguridade e saúde, propios dos métodos de explotación.
VENTILACIÓN Atmosfera nas escavacións subterráneas. Gases e po: emisións e dilución. Normativa. Seguridade e saúde. Estimación do caudal. Resistencia aerodinámica dun conduto. Cálculo da resistencia equivalente. Cálculo de redes de ventilación. Curva característica dunha mina. Ventiladores principais: centrífugos e helicoidais. Curvas características dos ventiladores e axuste. Ventilación secundaria: soplante, aspirante e mixta.
CONCENTRACIÓN DE MINERAIS Os procesos de tratamento mineralúrxico: fragmentación, moenda, clasificación e concentración. Equipos de fragmentación, moenda e clasificación. Procedementos de concentración gravimétrica en auga e no medio denso, concentración magnética e electrostática e flotación. Cálculo de balance de masas en circuítos de fragmentacion e concentración.
Condicionantes ambientais, sociais e de seguridade e saúde e códigos de boas prácticas a ter en conta nos procesos minero-mineralúrxicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000