Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Explotación Sostible de Recursos Mineiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito de cuestións de resposta curta e longa, e de resolución de problemas e/ou exercicios. A puntuación máxima do exame é de 6 puntos.
Ao longo do cuadrimestre planificaranse tres exames parciais, coincidindo o último coa data oficial establecida na convocatoria ordinaria do primeiro período. O seu peso relativo sobre o 100% da cualificación final da materia será: Parcial 1 (12.5%), Parcial 2 (15%), Parcial 3 (32.5%). Os parciais só suman e ponderan na nota final en caso de estar aprobados individualmente. Á súa vez, esíxese un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das dúas partes diferenciadas das que consta o parcial 3 (subterránea e mineralurxia) para poder considerarse superada esta proba. En caso de non superarse algún dos parciais 1 e 2, o alumno será avaliado desa parte no exame final con data oficial.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe obxectiva da materia.
60 A2
A4
C2
C12
C14
D6
D8
D12
Prácticas de laboratorio É necesaria a asistencia e resolución dos exercicios de prácticas de laboratorio para alcanzar a puntuación máxima deste epígrafe (0.75 ptos). Práctica 1 (2.5%), Prácticas 2 e 3 (5%).
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectiva da materia: Realizar unha primeira aproximación ao deseño do oco mineiro dunha explotación ao descuberto para casos sinxelos. Elaborar e interpretar plans e planos de labores. Identificar nos ocos mineiros os elementos crave xeolóxicos e xeométricos que definen o método de explotación. Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas. Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro. Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos. Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.
7.5 A4
C2
C12
C14
D6
D8
D12
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase o rigor e corrección dos traballos escritos e a capacidade de síntese na presentación oral. A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto. Requírese unha puntuación mínima de 0.5 puntos neste epígrafe.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectiva da materia: Dominar a terminoloxía do ámbito da industria e a tecnoloxía de explotación de minas. Realizar unha primeira aproximación ao deseño do oco mineiro dunha explotación ao descuberto para casos sinxelos. Elaborar e interpretar plans e planos de labores. Seleccionar o equipamento mineiro para as operacións de arranque, carga e transporte nun ciclo de produción convencional. Identificar nos ocos mineiros os elementos crave xeolóxicos e xeométricos que definen o método de explotación. Identificar os elementos crave e as prioridades na integración da minería no desenvolvemento sustentable dos recursos minerais.
10 A2
A4
C2
C12
D6
D8
D12
Estudos/actividades previas Avaliarase os colecementos teórico-practicos adquiridos a partir de lecturas que se facilitarán na plataforma docente ou na aula. A avaliación farase mediante probas de resporta curta na aula, de maneira periódica durante o cuatrimestre. Mediante esta metodoloxía avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe: adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas; Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación; Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro; Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos. 12.5 A2
C2
C12
C14
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e entrega de boletíns de problemas propostos. Traballo persoal do alumno. A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto. Requírese unha puntuación mínima de 0.6 puntos.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectiva da materia: Identificar os elementos crave e as prioridades na integración da minería no desenvolvemento sustentable dos recursos minerais. Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas. Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro. Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos. Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.
10 A2
C14
D6
D8
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Para sumar a puntuación obtida na avaliación da sesión maxistral, a resolución de problemas, tests de autoavaliación e os traballos-puntuables realizados é necesario alcanzar a puntuación mínima requirida nos diferentes epígrafes.

O método de avaliación empregado na convocatoria extraordinaria de Xullo é o mesmo que o aplicado na primeira convocatoria, a excepción das prácticas de laborarorio que se realizan únicamente no período de docencia da materia. Polo tanto, de presentarse á convocatoria extraordinaria sen haber realizado as prácticas de laboratorio no período de docencia, suporá que esta metodoloxía non compute na nota final desta convocatoria extraordinaria.

Datas de avaliación para o curso académico 2017-2018:

  • Convocatoria ordinaria primeiro período: 12/01/2018
  • Convocatoria extraordinaria de Xullo: 22/06/2018

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000