Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Explotación Sostible de Recursos Mineiros
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Dominar a terminoloxía do ámbito da industria e a tecnoloxía de explotación de minas. Inclúe a inmersión e coñecemento das implicacións de carácter multidisciplinar da industria e tecnoloxía mineiras: técnico-económicas, sociais, lexislativas, ambientais e de seguridade e saúde. Reflexión e análise de temas éticos e sociais relacionados coa Industria Mineira. A4
C2
C12
D6
D8
D12
Realizar unha primeira aproximación ao deseño do oco mineiro dunha explotación a ceo aberto para casos sinxelos. C2
C12
D12
Elaborar e interpretar plans e planos de labores. A2
C12
D6
D8
D12
Seleccionar o equipamento mineiro para as operacións de arranque, carga e transporte nun ciclo de produción convencional. Implica aprender a consultar bases de datos e outras fontes de información específicas relacionadas con maquinaria mineira. A2
C2
C12
C14
D6
D8
Identificar nos ocos mineiros os elementos clave xeolóxicos e xeométricos que definen o método de explotación. Implica analizar e coñecer os aspectos fundamentais que condicionan a selección do método de explotación idóneo para a explotación dun determinado recurso mineral, problema complexo de carácter multidisciplinar que abarca aspectos técnicos, sociais, económicos, de seguridade e saúde e de tipo medioambiental. A2
C2
C12
D6
D8
D12
Identificar os elementos clave e as prioridades na integración da minería no desenvolvemento sostible dos recursos minerais. Inclúe adquirir a capacidade de ter en conta todos os condicionantes técnico-económicos, ambientais e de carácter normativo necesarios para dita integración, e aprender a consultar e aplicar códigos de boas condutas. A2
A4
C2
C12
C14
D6
D8
D12
Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas. Inclúe adquirir a capacidade de ter en conta todos os condicionantes ambientais e de seguridade e saúde no proceso de deseño da planta mineralúrxica, tendo en conta a normativa ambiental específica para xustificar o devandito deseño. C14
D6
D8
D12
Coñecer os aspectos clave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. A2
C14
D6
D8
D12
Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro. Inclúe adquirir a capacidade de ter en conta todos os condicionantes ambientais e de seguridade e saúde no proceso de selección do proceso mineralúrxico e saber referirse á normativa ambiental específica para xustificar dita elección. C14
D6
D8
D12
Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos. A2
C2
C14
D6
D8
D12
Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación. C14
D12
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000