Guia docente 2017_18
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Concentración de Minerais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Terase en conta na avaliación a asistencia ás prácticas de laboratorio, a entrega dun boletín da experiencia e a corrección do mesmo. A nota desa metodoloxía será como máximo de 1 punto sobre 10.

;Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe:

Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro.

Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.

Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.
10 C10
C14
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumno deberá resolver varios boletíns de problemas, que se traballan previamente na aula, deberá presentalos e serán avaliados ata un máximo de 2 punto sobre o 10 da nota global.

Avalía os resultados de aprendizaxe:
1) Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.<

2) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas.

3) Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación.
20 C10
C14
D12
Probas de resposta curta A proba escrita consistirá na resolución de preguntas de resposta curta e de varios problemas. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre a nota global de 10; para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá superar o 2.5 sobre 5.

Avalía todos os resultados de aprendizaxe esperados.
50 A2
C10
C14
D12
Observación sistemática A asistencia a clase e a resolución de probas tipo test ou plantexamientos de cass simulados durante o curso puntuarase cun peso máximo de 2 punto sobre 10 da nota global.

Avalía a adquisición do coñecemento sobre os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro e as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.
20 C10
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación en primeira convocatoria consta de dous partes:

1) Exame. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre 10. Para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá ser igual ou superior a 2.5 sobre 5. As datas e lugares de realización do exame pódense consultarse na pestana PLANIFICACIÓN ACADÉMICA do portal web da E. I. Minas y Energía. No calendario de avaliación aprobado en xunta de centro, vixente no momento da redacción desta memoria, as datas desta proba son o 12 de xaneiro (convocatoria ordianaria) e o 13 de xuño (convocatoria extraordinaria)

2) Prácticas de laboratorio, resolución de problemas e exercicios e observación sistemática: estas catro metodoloxías puntúan en conxunto 5 puntos sobre a nota global 10. Para que a nota deste grupo de metodoloxías compute na nota final, é necesario:

  • obter polo menos 1,2 puntos sobre 1 no boletín de problemas
  • asistir a todas as sesións da práctica de laboratorio salvo por causas xustificadas.
Dado que os exercicios e observación sistemática traballanse e resolvense en aula, é recomendable asistir ás clases. De todos los xeitos, o alumnado pode renunciar á evaluacón continua; neste caso, terá dereiro a ser evaluado mediante un examen que recolla todos los contidos da materia.

As prácticas de laboratorio están fixadas no calendario para ser impartidas durante o período de docencia (primeiro cuadrimestre).

O calendario de docencia de todas as actividades pódese consultar no espazo da materia da plataforma TEMA. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da docencia da mesma.

En segunda convocatoria (convocatoria extraordinaria), as actividades suxeitas a calendario (prácticas de laboratorio) non computarán na nota final.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000