Guia docente 2011_12
E.T.S. de Ingeniería de Minas
Máster Universitario en Tecnoloxía Medioambiental
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Trátase dunha sesión maxistral para formar ao alumnado no relativo á elaboración da memoria do traballo fin de máster e na exposición pública do traballo.
Traballos tutelados O TFM supón a elaboración dun traballo de investigación no cal aplícanse os coñecementos adquiridos a un exemplo ou problema concreto, dentro dunha serie de liñas de investigación propostas en clara concordancia cos contidos docentes do plan de estudos. Estas liñas son as desenvolvidas polos equipos de investigación e que figuran no apartado contidos da materia.
O traballo supón traballar inicialmente nunha etapa de documentación e no desenvolvemento do propio traballo de investigación (que terá un carácter eminentemente
aplicado cun forte carácter práctico).
O Traballo deberase entregar nun soporte físico (memoria do traballo fin de máster) e deberá ser defendido publicamente ante un tribunal designado para ese efecto
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000