Guia docente 2010_11
E.T.S. de Enxeñaría de Minas
Máster Universitario en Tecnoloxía Medioambiental
 Materias
  Contaminación de Solos e Remediación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou caso real de contaminación de solos por actividades mineiras, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas Desenvólvense en varias explotacións mineiras con risco de cotnaminación de solos.
Traballos tutelados O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia que pode consistir na descripción dun caso real de contaminación de solos por actividades mineiras ou na discusión de traballos científicos sobre o tema. para esto, e necesario a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... etc.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa por parte do alumnado ante o docente e o resto dos estudantes dos traballos tutelados. Poderase levar a cabo individualmente ou en grupo.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices de traballo dos seminarios a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000