Guia docente 2013_14
E. T. S. de Ingeniería de Minas
Máster Universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble
 Materias
  Novas Tecnoloxías e Criterios para a Estabilización de Estruturas Arquitectónicas e Arqueolóxicas
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 CG1- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A6 CE 2. Ser capaces de coordinar equipos altamente especializados e interdisciplinares.
A7 CE 3. Poder integrar as diversas informacións e datos achegados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de acción.
A8 CE 4. Adquirir a capacidade de deseñar protocolos de intervención, establecendo tipos, prioridades e intensidades de acción ante un ben cultural inmoble en risco de alteración.
A9 CE 5. Adquirir a habilidade para dirixir proxectos de intervención en empresas que actúen no ámbito da intervención patrimonial, abordando as necesidades de recursos humanos e económicos.
A10 CE 6. Coñecer e manexar principios de prevención de riscos laborais.
A13 CE 9. Adquirir a capacidade para redactar proxectos de intervención no patrimonio cultural de acordo coa lexislación reguladora específica, garantindo que eses proxectos estean dominados por criterios de economía, respecto ao medio, seguridade, hixiene e calidade.
A14 CE 10. Coñecer un número extenso de solucións técnicas de conservación, musealización e protección, adquirindo a capacidade para seleccionar a solución máis adecuada a cada caso.
A16 CE12. Adquirir a habilidade para esbozar proxectos de investigación aplicada para o deseño de novos tratamentos e métodos de protección e conservación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000