Sinale A
|
Código |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
|
A1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
|
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
|
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
|
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
|
A5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
Sinale B
|
Código |
Coñecementos |
|
B1 |
Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Minas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. |
|
B2 |
Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se expoñen no desenvolvemento, no ámbito da enxeñería de minas, que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde CIN/306/2009, a prospección e investigación xeolóxica-mineira, as explotacións de todo tipo de recursos xeolóxicos, incluídas as augas subterráneas, as obras subterráneas, os almacenamentos subterráneos, as plantas de tratamento e beneficio, as plantas enerxéticas, as plantas mineralúrxicas e siderúrxicas, as plantas de materiais para a construción, as plantas de carboquímica, petroquímica e gas, as plantas de tratamentos de residuos e efluentes e as fábricas de explosivos e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia dentro do respecto polo Medio Ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios das mesmas. |
|
B3 |
Capacidade para deseñar, redactar e planificar proxectos parciais ou específicos das unidades definidas no apartado anterior, tales como instalacións mecánicas e eléctricas e co seu mantemento, redes de transporte de enerxía, instalacións de transporte e almacenamento para materiais sólidos, líquidos ou gaseosos, vertedoiros, balsas ou presas, sostemento e cimentación, demolición, restauración, voaduras e loxística de explosivos. |
|
B4 |
Capacidade para deseñar, planificar, operar, inspeccionar, asinar e dirixir proxectos, plantas ou instalacións, no seu ámbito. |
|
B5 |
Capacidade para a realización de estudos de ordenación do territorio e dos aspectos ambientais relacionados cos proxectos, plantas e instalacións, no seu ámbito. |
|
B6 |
Capacidade para o mantemento, conservación e explotación dos proxectos, plantas e instalacións, no seu ámbito. |
|
B7 |
Coñecemento para realizar, no ámbito da enxeñería de minas, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde CIN/306/2009, medicións, replanteos, planos e mapas, cálculos, valoracións, análises de riscos, peritacións, estudos e informes, plans de labores, estudos de impacto ambiental e social, plans de restauración, sistema de control de calidade, sistema de prevención, análise e valoración das propiedades dos materiais metálicos, cerámicos, refractarios, sintéticos e outros materiais, caracterización de chans e macizos rochosos e outros traballos análogos. |
|
B8 |
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Minas. |
Sinale C
|
Código |
Habilidades |
|
C1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñería. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
|
C2 |
Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador. |
|
C3 |
Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería. |
|
C4 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. |
|
C5 |
Coñecementos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñería. Climatoloxía. |
|
C6 |
Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
|
C7 |
Capacidade para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias para a súa aplicación nos problemas de enxeñería. |
|
C8 |
Comprensión dos conceptos de aleatoriedade dos fenómenos físicos, sociais e económicos, así como de incertidume. |
|
C9 |
Coñecementos de cálculo numérico básico e aplicado á enxeñería. |
|
C10 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e da termodinámica e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñería. Transferencia de calor e materia e máquinas térmicas. |
|
C11 |
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía de materiais. |
|
C12 |
Coñecemento de xeotecnia e mecánica de solos e de rochas. |
|
C13 |
Coñecemento de resistencia de materiais e teoría de estruturas. |
|
C14 |
Coñecemento de topografía, fotogrametría e cartografía. |
|
C15 |
Coñecemento dos principios de mecánica de fluídos e hidráulica. |
|
C16 |
Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nos proxectos, plantas ou instalacións. |
|
C17 |
Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento de electrónica básica e sistemas de control. |
|
C18 |
Capacidade para aplicar metodoloxías de estudos e avaliacións de impacto ambiental e, en xeral, de tecnoloxías ambientais, sustentabilidade e tratamento de residuos. |
|
C19 |
Capacidade de planificación e xestión integral de obras, medicións, replanteos, control e seguimento. |
|
C20 |
Coñecemento de procedementos de construción. |
|
C21 |
Coñecemento da metodoloxía, xestión e organización de proxectos. |
|
C22 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería. |
|
C23 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de extracción de materias primas de orixe mineral. |
|
C24 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de deseño e execución de obras superficiais e subterráneas. |
|
C25 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de técnicas de perforación e sostemento aplicadas a obras subterráneas e superficiais. |
|
C26 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de manexo, transporte e distribución de explosivos. |
|
C27 |
Coñecer, comprender e empregar utilizar os principios de Ecoloxía e ordenación do territorio. Planificación e xestión territorial e urbanística. |
|
C28 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de deseño, planificación e dirección de explotacións mineiras |
|
C29 |
Coñecer, comprender e empregarutilizar os principios de Xeoloxía xeral e de detalle. |
|
C30 |
Coñecer, comprender e utilizar os principios de estudos xeotécnicos aplicados á minería, construción e obra civil. |
|
C31 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de ensaios mineralógicos, petrográficos e geotécnicos. Técnicas de mostraxe. |
|
C32 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de modelización de xacementos. |
|
C33 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de elaboración de cartografía temática. |
|
C34 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de deseño, operación e mantemento de plantas de preparación e tratamento de minerais, rocas industriais, rocas ornamentais e residuos |
|
C35 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de deseño, operación e mantemento de plantas de fabricación de materiais de construción. |
|
C36 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de electrificación en industrias mineiras. |
|
C37 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de enxeñería dos materiais. |
|
C38 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de Metalurxia e tratamento de concentrados minerais, metais e aliaxes: Industria metalurgia férrea e non férrea, aliaxes especiais, ensaios metalotécnicos, etc. |
|
C39 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de composición, estruturas, propiedade e aplicacións dos Materiais Xeolóxicos Metalúrxicos. |
|
C40 |
Coñecer, comprender e empreagar os principios de tratamento de superficies e soldaduras. |
|
C41 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de ensaios e control de calidade de materiais metálicos e non metálicos, materiais cerámicos e plásticos. |
|
C42 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de reciclaxe dos materiais metálicos. |
|
C43 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de deseño, operación e mantemento de plantas de fabricación de materiais de construción. |
|
C44 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de aproveitamento, transformación e xestión dos recursos enerxéticos. |
|
C45 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de obras e instalacións hidráulicas. Planificación e xestión de recursos hidráulicos. |
|
C46 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de industrias de xeración, transporte, transformación e xestión da enerxía eléctrica e térmica. |
|
C47 |
Coñecer, comprender e empregarr os principios de operacións básicas de procesos. |
|
C48 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de procesos de refino, petroquímicos e carboquímicos. |
|
C49 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de enxeñería nuclear e protección radiolóxica. |
|
C50 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de loxística e distribución enerxética. |
|
C51 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de enerxías alternativas e uso eficiente da enerxía. |
|
C52 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de fabricación, manexo e utilización de explosivos industriais e pirotécnicos. Ensaios de caracterización de substancias explosivas. Transporte e distribución de explosivos. |
|
C53 |
Coñecer, comprender e empregar os principios de control da calidade dos materiais empregados. |
|
C54 |
Capacidade para a xestión económica e de recursos humanos dun proxecto do ámbito da enxeñería de minas. |
|
C55 |
Capacidade para traballar nun grupo multidisciplinar e nunha contorna multilingüe e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coa enxeñería de minas. |
Sinale D
|
Código |
Competencias |
|
D1 |
Capacidade de interrelacionar todos os coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna. |
|
D2 |
Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñería, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar. |
|
D3 |
Propoñer e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá propios da enxeñería, desenvolvendo as estratexias adecuadas. |
|
D4 |
Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais. |
|
D5 |
Coñecer as fontes necesarias para dispoñer dunha actualización permanente e continua de toda a información precisa para desenvolver o seu labor, accedendo a todas as ferramentas, actuais e futuras, de procura de información e adaptándose aos cambios tecnolóxicos e sociais |
|
D6 |
Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñería e no desenvolvemento de calquera dos aspectos do seu labor profesional. |
|
D7 |
Capacidade para organizar, interpretar, asimilar, elaborar e xestionar toda a información necesaria para desenvolver o seu labor, manexando as ferramentas informáticas, matemáticas, físicas, etc., necesarias para iso. |
|
D8 |
Concibir a enxeñería nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara a temas ambientais. |
|
D9 |
Entender a transcendencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saber transmitir esta sensibilidade ás persoas da súa contorna. |
|
D10 |
Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica do pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc. |
|
D11 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
|
D12 |
Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. |
|
D13 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000
|
|