Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
O Grao en Enxeñaría dos
Recursos Mineiros e Enerxéticos é un grado único en Galicia e declarado
singular no Sistema Universitario de Galicia. Ten ademais outra
característica: habilita para exercer
a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico de minas.
Unha profesión regulada é aquela
para a que é necesario acreditar unha formación específica. Para determinadas
profesións reguladas esa formación corresponde a un título de grado
universitario. É o caso do Grao en Enxeñaría dos
Recursos Mineiros e Enerxéticos, que habilita para exercer a profesión
regulada de Enxeñeiro/a Técnico/a de Minas en tres tecnoloxías (Orde CIN
306/2009) - Mención en “Explotación
de Minas”. Formamos enxeñeiros e enxeñeiras capaces de deseñar e dirixir técnicamente
os procesos asociados ao proceso completo que garante o abastecemento de
materias primas para a industria: búsqueda de rocas, minerais e auga, extracción
e preparación para fabricar os materiais.
- Mención en “Enxeñaría
de Materiais”. Formamos enxeñeiros e enxeñeiras capaces de deseñar e
dirixir técnicamente os procesos de fabricación de materiais (metálicos,
plásticos, cerámicos, compostos, novos materiais) e os procesos tecnolóxicos de
reciclado, reparación, reutilización, control de calidade e valorización de
materiais e residuos.
- Mención en “Recursos
Enerxéticos, Combustibles e Explosivos”. Formamos a enxeñeiros e enxeñeiras
que coñecen e caracterizan os recursos enerxéticos (vento, radiación solar, …)
e son capaces de deseñar e dirixir os procesos tecnolóxicos do sector enerxético,
desde a xeración de enerxía ao consumo, así como os procesos tecnolóxicos de
uso de combustibles e explosivos.
|