Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tratamento de correntes e efluentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O alumnado estudará casos prácticos de tratamento de correntes e efluentes encamiñados á valorización de residuos fomentando unha economía circular, ó final do estudo entregará un informe que será avaliado.

Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
20 D1
D5
D8
D10
Prácticas de laboratorio Avaliarase a capacidade do alumnado para aplicar tecnoloxías ambientais encamiñadas a fomentar a sustentabilidade a través da valorización e tratamento de residuos.


Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
20 C18
D4
D8
Traballo tutelado Avaliarase a capacidade do alumnado para propor e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da
realidade cotiá propios da enxeñaría, desenvolvendo as estratexias adecuadas.


Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
20 B3
B5
D3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba global de respostas curtas para a avaliación das
competencias adquiridas na materia na data do exame oficial establecido polo centro.

Resultados de previstos na materia: Comprender os aspectos básicos do tratamento de correntes e efluentes.
Saber avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse
unha opinión propia que lle permita expresarse críticamente sobre problemas
tecnolóxicos relacionados co tratamento de correntes e efluentes
20 B1
B2
B3
B4
B7
B8
D1
D3
D5
D8
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exponse ao alumnado unha serie de problemas onde se aplicarán os conceptos teóricos tratados durante o desenvolvemento da materia que se realizará na data do exame oficial establecido polo centro.

Resultados de previstos na materia:
Comprender os aspectos básicos do tratamento de correntes e efluentes, promovendo as mellores técnicas dispoñibles para un desenvolvemento sustentable.
20 B2
B3
B4
C18
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1.- Consideracións sobre a avaliación continua
O alumnado poderá renunciar ao sistema de avaliación continua no prazo fixado o día de presentación da materia.

2.- Consideracións sobre a segunda oportunidade
A cualificación basearase unicamente na avaliación dun exame final, que poderá incluír preguntas correspondentes a prácticas de laboratorio e casos prácticos. Preguntaranse contidos teóricos impartidos ao longo do curso e incluiranse resolución de problemas e/ou exercicios Para aprobar a materia será necesario acadar unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10.

3.- Consideracións sobre a avaliación global
O alumnado deberá acadar un mínimo do 50% da nota máxima para superar a materia. A nota calcularase de forma ponderada entre: casos prácticos, prácticas de laboratorio, traballo supervisado, exame de cuestións obxectivas, resolución de problemas e/ou exercicios. Aquel alumnado que renunciasen á avaliación continua deberán realizar un único exame na data oficialmente establecida no calendario da EME onde se avaliarán os contidos (teóricos e prácticos) tratados ao longo do curso.

Calendario de exames. Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro:

 http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000