Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tratamento de correntes e efluentes
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Durante as leccións maxistrais debaterase e discutirá aqueles aspectos máis importantes dos contidos teóricos, ademais de levar a cabo pequenas probas que permitirán facer unha avaliación continua do alumnado
Resolución de problemas O alumnado levarán a cabo a resolución de problemas modelo que se discutirán, incentivando a participación na clase e fomentando a discusión. Ademáis realízanse probas de problemas que servirán para a avaliación continua do alumnado co obxecto de fixar coñecemento.
Estudo de casos O alumnado levarán cabo estudos de casos sobre valorización de residuos fomentando o avance no coñecemento sobre o uso de materias primas secundarias a base de residuos así como a economía circular co fin de fomentar o uso de Mellores Técnicas dispoñibles. Valórase a participación e o interese do alumnado.
Prácticas de laboratorio Avaliarase a participación e interese do alumnado na realización das prácticas de laboratorio.
Traballo tutelado Avaliarase o interese así como os obxectivos e planificación realizada polo alumnado na formulación do traballo tutelado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000