Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Loxística e servizos mineiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O estudo dos casos propostos é obligatoria e a avaliación dos mesmos terá duas compoñentes: unha correspondente á memoria entregada e a outra correspondente á exposición e defensa dos mesmos. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima en cada parte.

Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
30 B1
B2
B3
B4
B8
C28
D1
D2
D6
Prácticas de laboratorio A avaliación da parte práctica de laboratorio realizarase de forma continua (sesión a sesión). A asistencia a prácticas é obrigatoria (mínimo do 80%).
Os elementos de avaliación son: - Asistencia. -Puntualidade. - Preparación previa das prácticas. - Utilización correcta do material. -Resultados entregados por cada alumno/a, ou grupo de alumnos/as, ao finalizar cada práctica e/ou resultados dos cuestionarios que se poidan expor na realización das mesmas.
A non asistencia a unha sesión de prácticas supón que será puntuada con 0 puntos. Unha asistencia a clases de practicas inferior ao 80% supón que a nota total de prácticas sexa de cero puntos.
Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima en cada parte.

Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
10 D1
D6
D7
Exame de preguntas obxectivas A avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado farase de forma individual e sen a utilización de ningún tipo de fonte de información, mediante exames de preguntas obxectivas sobre toda a materia teórica impartida no cuadrimestre. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima cada parte.

Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
40 B2
B3
B6
C28
C36
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas na que se avaliará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos á resolución de problemas tipo. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima cada parte.


Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
20 B2
B3
B8
C28
C36
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua en primeira oportunidade

Ó longo do cuadrimestre o estudantado realizará prácticas de laboratorio, estudo de casos prácticos e un exame, que consta de 2 partes, de preguntas obxectivas. En total, suman unha puntuación do 60%(30%+10%+10%+10%) de toda a nota. O 40% restante da materia será avaliado na data oficial fixada polo centro nun exame de preguntas obxectivas (con duas partes) e de resolución de problemas (con duas partes). Para superar a materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada unha das partes que contribuian á nota final. Si nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos).

Avaliación continua en segunda oportunidade

Mantense a nota obtida en prácticas de laboratorio e a nota do traballo tutelado. Realizarase un exame que consta de 4 partes: 2 partes de preguntas obxectivas correspondente co 40% (4 puntos, 2+2) da nota, e duas partes de problemas, correspondente co 20% (2 puntos 1+1) da nota. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada unha das partes que contribuian á nota final. Si nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos).

Avaliación global:

O alumnado que renuncie á avaliación continua serán avaliados sobre todo o contido, teórico e práctico, que corresponderá co 100% da nota global e que se realizará en varias partes. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada unha das partes . Si nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a nota que aparecerá na acta será de 4 puntos.

Calendario de exames. Verificar/consultar deforma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000