Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Proxectos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Entregables (informe de prácticas) a realizar no curso ao longo da materia como resultado dos traballos realizados en clase.

Resultados previstos na materia:
Comprender os aspectos básicos da realización de proxectos por parte do enxeñeiro, as súas competencias profesionais, deberes e responsabilidades.
Coñecer a lexislación aplicable na redacción e tramitación de Proxectos, así como os diversos procedementos administrativos de autorización
Coñecer o protocolo particular de realización dun Proxecto Mineiro, un Proxecto Industrial, un Proxecto Enerxético, e un Proxecto de Infraestruturas, nos ámbitos competenciais da titulación
Coñecer as novas técnicas informáticas para a redacción e execución de Proxectos
Adquirir conciencia sobre os condicionantes ambientais e de seguridade e saúde na redacción e execución de Proxectos
Adquirir un sólido coñecemento de como realizar orzamentos correctos e reais, e a súa importancia como ferramenta de xestión do Proxecto
40 A2
A3
A5
B2
B3
B4
D2
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test e/ou de resposta curta.

Resultados previstos na materia:
Comprender os aspectos básicos da realización de proxectos por parte do enxeñeiro, as súas competencias profesionais, deberes e responsabilidades.
Coñecer a base tecnolóxica sobre a que se apoian as solucións técnicas a aplicar en cada Proxecto
Coñecer a lexislación aplicable na redacción e tramitación de Proxectos, así como os diversos procedementos administrativos de autorización
Coñecer o protocolo particular de realización dun Proxecto Mineiro, un Proxecto Industrial, un Proxecto Enerxético, e un Proxecto de Infraestruturas, nos ámbitos competenciais da titulación
Adquirir conciencia sobre os condicionantes ambientais e de seguridade e saúde na redacción e execución de Proxectos
Adquirir un sólido coñecemento de como realizar orzamentos correctos e reais, e a súa importancia como ferramenta de xestión do Proxecto
40 A1
A2
Presentación Presentación oral dos traballos en grupo. Valórase tanto o contido como a exposición
Resultados previstos na materia:
Coñecer o protocolo particular de realización dun Proxecto Mineiro, un Proxecto Industrial, un Proxecto Enerxético, e un Proxecto de Infraestruturas, nos ámbitos competenciais da titulación
Coñecer as novas técnicas informáticas para a redacción e execución de Proxectos
Adquirir conciencia sobre os condicionantes ambientais e de seguridade e saúde na redacción e execución de Proxectos
Adquirir un sólido coñecemento de como realizar orzamentos correctos e reais, e a súa importancia como ferramenta de xestión do Proxecto
20 A4
B4
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado,  para poder aprobar a materia tanto en primeira como segunda oportunidade, pode optar á avaluación continua ou á avaliación global. Unha vez pasado un mes desde o inicio das clases, o alumnado pode comunicar por escrito ao profesorado a súa renuncia á avaliación continua e optar á avaliación global.


A cualificación da avaliación continua é a seguinte:
- Os informes de prácticas (entregables) realizados durante o curso terán unha puntuación máxima de 4 puntos sobre a nota final.
- A proba escrita de avaliación  terá un valor máximo de 4 puntos sobre a nota final
- A presentación do proxecto en grupo, no que se valora tanto a exposición oral como o contido, terá un valor máximo de 2 puntos sobre a nota final.

Para poder aprobar por avaliación continua hai que aprobar cada unha das partes cun mínimo de 3,5 puntos sobre 10. A nota final será a suma das notas alcanzadas en cada unha das partes coa súa porcentaxe correspondente aplicado.

O alumnado que opte pola avaliación global  presentarase á proba de avaliación final na data oficial correspondente fixada pola dirección do centro. Esta data será publicada ao comezo do curso,  tanto na páxina oficial do centro como na plataforma Moovi de seguimento da materia.


Calendario de exames. Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro:

 http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000