Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Proxecto colaborativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O grupo de estudantes debe tratar de abordar as diferentes cuestións de desenvolvemento do proxecto en varias sesións. As solucións, que deben avaliar os titores despois das sesións de seguimento, enviaranse para a súa avaliación ao tribunal.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia.
20 B1
B2
B3
B4
B5
B7
C54
D11
D13
Aprendizaxe baseado en proxectos A cualificación basearase nas recomendacións dos titores/as. Para un seguimento adecuado do desenvolvemento do proxecto, o profesorado pode solicitar diferentes tipos de evidencias, orais e/ou escritas, incluíndo informes parciais e/ou finais. Cada parella de titores, asistido por unha rúbrica, entregará unha recomendación xustificada aos membros do tribunal evaluador sobre a metodoloxía de traballo do equipo e o rendemento dos seus membros na consecución dos obxectivos do proxecto. A cualificación non ten por que ser idéntica para todos os membros do equipo.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia.
40 B5
B6
B7
B8
C55
D1
D11
D13
Presentación Esta parte da avaliación, por parte do tribunal e coa asistencia dunha rúbrica, farase tendo en conta a presentación, o informe técnico e a sesión de pósteres. A asistencia a esta xornada final será obrigatoria para todo o alumnado, que debe enviar cunha semana de antelación o informe técnico para axudar na súa avaliación.
A cualificación non ten por que ser idéntica para todos os membros do equipo; aquel alumnado que non contribúan adecuadamente ao esforzo colectivo levarán unha nota inferior á media do equipo. Igualmente poden levar unha nota máis alta aquel alumnado que destaquen polo seu rendemento.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia.
30 B4
D2
D3
D11
D12
Autoavaliación Enviarase unha rúbrica ao alumnado para que os membros do equipo realicen a avaliación das funcións do resto dos seus compañeiros do seu equipo. Terase en conta a avaliación dos compañeiros de equipo para avaliar as competencias.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia.
10 B1
B3
B4
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua:

A avaliación desenvolverase segundo as metodoloxías de presentación e de aprendizaxe por proxectos indicadas anteriormente. É obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais realizadas durante o curso, tendo en conta tanto as clases tipo A como as de tipo C. As presentacións intermedias e finais serán en galego ou castelán.

2. Avaliación
2a oportunidade:

Aqueles
alumnos/as ou equipos que non obteñan a nota mínima para aprobar a materia na
primeira oportunidade terán unha segunda oportunidade para defender de novo o
seu proxecto. Neste caso, o/a alumno/a, individualmente, deberá demostrar un
dominio total do proxecto desenvolvido polo seu equipo, xunto coas achegas
adicionais suficientes por parte del.

3. Valoración global:

Nesta avaliación teranse en conta todas as metodoloxías avaliables: aprendizaxe por proxectos, autoavaliación, traballo tutelado e presentación. O/A alumno/a individual deberá acadar un mínimo do 50% da nota máxima para aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000