Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Enxeñaría para a xestión, tratamento e valorización de residuos mineiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Esta proba consiste en discutir de maneira dirixida, a través de cuestións expostas, varios casos reais dos cales se achegan datos sobre tipo de residuo, instalación extractiva, composición de efluentes e outros aspectos de deseño da instalación de xestión de residuo.

A puntuación máxima que pode alcanzarse mediante esta metodoloxía de avaliación é 3 puntos sobre 10.

Avalíanse os seguintes resultados previstos na materia: 1) Coñecer aspectos do deseño e construción de instalacións de residuos mineiros: vertedoiros e balsas. 2) Saber seleccionar a técnica máis adecuada para control e mitigación da contaminación de solos e augas por actividades mineiras. 3) Coñecer aspectos básicos de tecnoloxías de tratamento, valorización e eliminación de residuos.
30 B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
C18
C34
D1
D3
D5
D6
D8
D9
D13
Traballo tutelado O alumnado debe realizar un traballo relacionado cun caso real de estudo no que desenvolva unha crítica fundamentada sobre o risco potencial do residuo e sobre as tecnoloxías encamiñadas a mitigar o impacto do mesmo no medio natural. O traballo debe presentarse nun documento escrito e defenderse publicamente. A avaliación realizarase segundo unha rúbrica específica.

A puntuación máxima que pode alcanzarse mediante esta metodoloxía é de 3 sobre 10.

Avalíanse os seguintes resultados previstos na materia: 1) Coñecer aspectos do deseño e construción de instalacións de residuos mineiros: vertedoiros e balsas. 2) Saber seleccionar a técnica máis adecuada para control e mitigación da contaminación de solos e augas por actividades mineiras. 3) Coñecer aspectos básicos de tecnoloxías de tratamento, valorización e eliminación de residuos.
30 B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
C18
C34
D1
D3
D5
D6
D8
D9
D13
Exame de preguntas obxectivas Os contidos teóricos impartidos na aula durante o curso (aula maxistral) son avaliados mediante cuestionarios tipo test e mediante a resolución de casos prácticos.

A puntuación máxima que pode alcanzarse é un 4 sobre 10.

Avalíanse os seguintes resultados previstos na materia: 1) Coñecer aspectos do deseño e construción de instalacións de residuos mineiros: vertedoiros e balsas. 2) Saber seleccionar a técnica máis adecuada para control e mitigación da contaminación de solos e augas por actividades mineiras. 3) Coñecer aspectos básicos de tecnoloxías de tratamento, valorización e eliminación de residuos.
40 B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
C18
C34
D1
D3
D5
D8
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua. Primeira oportunidade.

Esta modalidade baséase en:

1) Elaboración dun traballo tutelado durante o cuadrimestre. 3 puntos sobre 10. Avaliarase a calidade do documento e da defensa mediante unha rúbrica que se fará pública. Para que faga media co resto das actividades, a puntuación mínima neste epígrafe é de 1,5 puntos.

2) Exame de preguntas obxectivas. Consiste na  realización de cuestionarios tipo test, en aula ou en plataforma docente, durante o cuadrimestre, para avaliar de maneira progresiva os contidos teóricos impartidos en aula. 4 puntos sobre 10; a puntuación mínima para que faga media co resto das actividades é de 2 puntos.

3) Estudo de casos. Consiste na discusión crítica de casos  de estudo expostos durante o cuadrimestre, de resolución parcialmente dirixida. Avaliarase a calidade da argumentación e a corrección nas respostas mediante unha rúbrica que se fará pública. 3 puntos sobre 10. A puntuación mínima desta proba, para que faga media co resto das actividades, é de 1,5 puntos.

Avaliación continua, segunda oportunidade.

Desenvólvese da mesma maneira que a primeira oportunidade.

Avaliación global, primeira e segunda convocatorias

Baséase en:

  • a realización dunha proba nas datas oficiais do calendario de avaliación no que se avaliará a resolución dun caso práctico (cun peso de 3 puntos sobre 10, mínimo 1,5 puntos para facer media) e a adquisición de coñecementos dos contidos de teoría (cun peso de 4 puntos sobre 10, cun mínimo de 2 puntos para facer media). 
  • a entrega do traballo tutelado e a súa corrección, cun peso de 3 puntos sobre 10.
Calendario de exames. Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro:

 http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000