Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Obras subterráneas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito de cuestións de resposta curta para analizar o entendemento do contido teorico-practico visto durante o curso polo alumnado.
Resultados previstos na materia:
Integración do coñecemento das diferentes disciplinas que conflúen nesta materia.
Comprensión dos aspectos básicos sobre tecnoloxía e seguridade na obra subterránea.
Coñecemento dos documentos que deben integrar o proxecto dunha obra subterránea e os seus contidos.
Coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo, no deseño da obra e na selección dos métodos de execución.
Coñecemento e aplicación das técnicas de estimación de rendementos de avance dos métodos de execución de túneles.
A aplicación dos principios de deseño de voaduras no marco da materia.
O coñecemento dos principios fundamentais de seguridade durante a construción da obra subterránea.

35 B1
B2
B3
B4
B7
B8
C24
C25
D1
D3
D7
D9
Resolución de problemas Probas escritas consistentes na resolución de problemas que abarquen os conceptos estudados durante o curso. Os/as enxeñeiros/as deben saber resolver problemas reais, por iso a resolución destes exercicios forman a parte máis valorada na avaliación.
Resultados previstos na materia:
Integración do coñecemento das diferentes disciplinas que conflúen nesta materia.
Coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo, no deseño da obra e na selección dos métodos de execución.
Coñecemento e aplicación das técnicas de estimación de rendementos de avance dos métodos de execución de túneles.
35 B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C24
C25
D1
D2
D3
D7
D9
Prácticas de laboratorio Avaliación a través do informe/memoria de prácticas realizadas e da exposición en aula de casos reais.
Resultados previstos na materia:
Integración do coñecemento das diferentes disciplinas que conflúen nesta materia.
Coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo, no deseño da obra e na selección dos métodos de execución.
Coñecemento e aplicación das técnicas de estimación de rendementos de avance dos métodos de execución de túneles.
O coñecemento dos principios fundamentais de seguridade durante a construción da obra subterránea.
10 B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C24
C25
D1
D2
D3
D5
D7
Traballo tutelado Formulación e presentación oral, por grupos, dunha temática relacionada coa materia. Análise e discusión.
Resultados previstos na materia:
Integración do coñecemento das diferentes disciplinas que conflúen nesta materia.
Comprensión dos aspectos básicos sobre tecnoloxía e seguridade na obra subterránea.
Coñecemento dos documentos que deben integrar o proxecto dunha obra subterránea e os seus contidos.
Coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo, no deseño da obra e na selección dos métodos de execución.
Coñecemento e aplicación das técnicas de estimación de rendementos de avance dos métodos de execución de túneles.
A aplicación dos principios de deseño de voaduras no marco da materia.
O coñecemento dos principios fundamentais de seguridade durante a construción da obra subterránea.
20 B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C24
C25
D1
D2
D3
D5
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Unha vez comezado o cuadrimestre o
estudantado terá un mes para comunicarlle ao coordinador da materia a súa decisión de renunciar ao
sistema de avaliación continua e pasar a avaliación global.

 Avaliación continua, primeira oportunidade:

 Antes
da data oficial do exame na convocatoria ordinaria, a cualificación de cada
estudante virá da suma do Primeiro Parcial (35%) + Segundo Parcial (35%) + Presentación
oral (20%) + Informe prácticas (10%). Cada parcial terá dúas partes: unha de
teoría e outra de problemas. En cada parcial deberá obterse unha cualificación
mínima de 3.5/10 tanto na teoría como nos problemas. Se non se superan os
mínimos, a cualificación dese parcial corresponderase coa cualificación mínima
obtida. O estudantado que non obteña máis dun 4/10 nos parciais terá que facer a
parte correspondente a dito parcial no exame oficial.

É
importante subliñar que as prácticas non son obrigatorias pero o estudantado
poderá presentar o informe das prácticas de tódolos xeitos e será avaliado.

 Se o
estudantado non supera algún dos parciais (cunha cualificación mínima de 4/10),
terá que facer a súa parte correspondente no exame final na data oficial da
primeira oportunidade. Neste caso, o exame terá un peso na nota final do 35%
(se non aproba un parcial) ou do 70% (se non aproba ningún dos dous parciais).
Como o indicado previamente, no exame final, na teoría e nos problemas das partes equivalentes
a cada parcial deberá obterse unha cualificación mínima de 3.5/10. Se non se
superan os mínimos, a cualificación desa parte equivalente a un parcial será a
cualificación mínima obtida na teoría ou nos problemas. O resto de actividades seguen
tendo o mesmo peso que os indicados previamente: Presentación oral (20%) +
Informe prácticas (10%). Sumaranse as cualificacións, se a media dos dous
parciais ou das partes equivalentes no exame oficial é superior ao 4/10.

 Avaliación continua, segunda oportunidade:

 O
estudantado terá dereito a un exame cun peso dun 100% da nota final da materia.
Neste caso o estudante deberá obter como mínimo un 4/10 tanto na teoría como
nos problemas.
Se non se superan os mínimos, a
cualificación corresponderase coa cualificación mínima obtida. O exame estará
aprobado cunha cualificación de 5/10.

  Avaliación global:

 O estudantado
que renuncie ao sistema de avaliación continua poderá presentarse ao exame final
da materia nas datas oficiais, tendo este exame un peso dun 100% da nota final.
En cada unha delas deberá obterse unha cualificación mínima de 4/10 tanto na
teoría como nos problemas. Se
non se superan os mínimos, a cualificación final do exame corresponderase coa
cualificación mínima obtida. O exame estará aprobado cunha cualificación de
5/10.

Calendario de exámenes. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000