Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Prospección e avaliación de recursos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Se realizarán 3 exercicios prácticos relacionados coa investigación xeolóxico - mineira: consulta de bibliografía, manexo de mapas e planos xeolóxicos, acceso a fontes de información en páxinas web de distintos organismos autonómicos e estatais, co obxecto de resolver as cuestións plantexadas en cada exercicio.

Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados esperados na materia.
15 B1
B2
B4
B6
B7
B8
C29
C32
D1
D2
D3
D5
D7
Seminario Ao longo do cudrimestre se traballará nun caso práctico consistente en definir, modelizar e dimensionar un xacemento mineral, partindo da información suministrada pola testificación dunha serie de sondaxes. O obxecto do caso práctico é calcular as reservas de mineral existentes no xacemento estudiado.

Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados esperados na materia.
25
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas.
Resultados previstos na materia:
- Coñecer e comprender os aspectos básicos dos métodos prospectar e investigar os recursos naturais.
- Coñecer e aplicar os métodos máis comúns para cubicar xacementos minerais
40 C29
C32
D1
D3
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou
exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesorado
Resultados previstos na materia:
- Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións-problema da
realidade cotiá en xeral e en particular os propios da prospección
- Coñecer e comprender os aspectos para avaliar a rendibilidade da explotación dun recurso.
20 C29
C32
D1
D2
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua en primeira oportunidade
Ao longo do cuadrimestre o estudantado realizará prácticas con apoio das TIC, estudo dun caso práctico e un exame da teoría correspondente ao primeiro bloque da asignatura. Estas probas conforma o 60% da nota.
Na data oficial de exame establecida polo centro se realizarán dúas probas: a primeira un exame da teoría correspondente ao segundo bloque da asignatura (20%), e a segunda un exame de exercicos/problemas relacionados coa materia (20%). Para poder superar a asignatura será necesario obter como mínimo unha cualificación de 4 sobre 10 no exame de problemas.

Avaliación continua en segunda oportunidade

Conservarase a cualificación obtida nas prácticas con apoio das TIC e o estudo do caso práctico (40%).

Realizarase un exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas/exercicios que conformará o 60% da nota.

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na resolución de problemas


Avaliación global

O alumnado que renuncie á avaliación continua, será avaliado sobre todo o contido teórico e práctico da materia mediante un exame na data oficial establecida polo centro, e que suporá o 100% da nota final. Para superar este exame e por tanto a materia, será necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 no conxunto do exame, e un mínimo de 4 sobre 10 na resolución de problemas. O criterio de avaliación será o mesmo tanto en primeira como en segunda oportunidade


Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na paxina web do centro:
http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000