Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tratamento e conformado de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame de preguntas obxectivas.

Os resultados previstos na materia que se avalían son:
- Coñecer os principais procesos de conformación e transformación de materiais usados na industria.
- Comprender as complexas interrelaciones entre as propiedades dos materiais e os procesos de conformado para poder optimizar propiedades e produtividade nunha ampla marxe de sectores industriais.
- Coñecer a evolución dos distintos tipos de materiais e dos procesos para o seu posible conformado.
- Demostrar capacidade para seleccionar o proceso de elaboración máis adecuado para a obtención de pezas básicas a partir dun material determinado.
20 B1
B6
B7
C37
D1
D5
D8
Resolución de problemas Avaliación continua do seguimento do traballo na aula.
Os resultados previstos na materia que se avalían son:
- Coñecer os principais procesos de conformado e transformación de materiais usados na industria.
- Comprender as complexas interrelaciones entre as propiedades dos materiais e os procesos de conformado para poder optimizar propiedades e produtividade nunha ampla marxe de sectores industriais.
- Abrir a súa visión sobre os problemas de enxeñaría de forma que os materiais aparezan como unha variable máis, coas súas posibilidades e limitacións.
20 B1
B4
B7
D3
D7
Estudo de casos Valorarase a capacidade do alumnado para a análise, procura e estructuración da información, así como a solución proposta, e a redacción do traballo.

Resultados previstos na materia

- Levar a termo os traballos semiguiados, decidindo a duración das partes, incluíndo achegas persoais e ampliando fontes de información.
- Demostrar capacidades de comunicación e traballo en equipo.
- Identificar as propias necesidades de información e utiliza os medios, espazos e servizos dispoñibles para deseñar e executar procuras adecuadas ao ámbito temático.
30 B1
B2
C37
C41
D1
D3
D10
Prácticas de laboratorio Avaliación dos resultados derivados das prácticas de laboratorio.
Os resultados previstos na materia avaliados son:
- Interpretar, analizar, sintetizar e
extraer conclusións de resultados de medidas e ensaios.
10 C41
D3
D4
D10
Traballo tutelado Avaliación dos traballos presentados como resultado global do proceso de
aprendizaxe.

Os resultados previstos na materia que se avalían son:
- Coñecer os principais procesos de
conformado e transformación de materiais usados na industria.
- Comprender as complexas interrelacións entre as propiedades dos materiais e os procesos de conformado para poder optimizar propiedades e produtividade nunha ampla marxe de sectores industriais.
- Demostrar capacidade para seleccionar o proceso de elaboración máis adecuado para a obtención de pezas básicas a partir dun material determinado.
- Redactar textos coa estrutura adecuada aos obxectivos de comunicación. Presenta o
texto a un público coas estratexias e os medios adecuados.
- Identificar as propias necesidades de información e utiliza os medios, espazos e servizos dispoñibles para deseñar e executar procuras adecuadas ao ámbito temático.
- Levar a termo os traballos semiguiados, decidindo a duración das partes, incluíndo achegas persoais e ampliando fontes de información. -
- Abrir a súa visión sobre os problemas de enxeñaría de forma que
os materiais aparezan como unha variable máis, coas súas posibilidades e limitacións
20 B2
C37
C41
D1
D3
D4
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA (Segunda Oportunidade)

Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida na memoria práctica (10% da nota final). O resto da cualificación obterase de dúas probas que se realizarán na data oficial que estableza o centro, e que consistirán en:

- Unha proba de preguntas teóricas a desenvolver (45%): Preguntas curtas nas que se avaliarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso.

- Unha proba de exercicios e problemas (45%): Resolución de problemas e exercicios.

AVALIACIÓN GLOBAL (Primeira e segunda oportunidade)

O alumnado poderá renunciar ao sistema de avaliación continua transcorridos dous meses desde o inicio da actividade docente.

Aquel alumnado que renuncien á avaliación continua poderán acollerse á modalidade de avaliación global e examinarse do 100% da materia nun exame realizado na data oficial que estableza o centro. Este exame constará de preguntas teóricas e exercicios a desenvolver, que tratarán sobre toda a documentación achegada en MOOVI e a bibliografía obrigatoria. Este exame será diferente, en todo caso, do exame do alumnado que se acolleu á modalidade de avaliación continua.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: 

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000