Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Control de calidade de materiais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introdúcese a materia, de que vai tratar, a súa importancia na titulación, o método de docencia e o de avaliación da mesma. Repaso da Guía docente co alumnado.
Prácticas de laboratorio Realización das prácticas relacionadas no programa, individuais ou en grupo dependendo do
número de alumnos/as. Avaliarase a súa destreza no laboratorio e a súa capacidade de interpretar
resultados.
Lección maxistral Explicación dos conceptos máis complexos de cada tema detallado no programa. Nesas mesmas sesións, ou a través do TIC, examinaranse 2 veces ao longo do curso para ver si alcanzaron os coñecementos necesarios. No exame final incluiranse preguntas de resposta curta sobre os contidos explicados nestas sesións.
Resolución de problemas Resolución en clase de distintos tipos de exercicios relacionados cos temas. Avaliarase a participación na resolución dos mesmos. Avaliaranse algúns feitos nas horas de clase.
Prácticas con apoio das TIC Participación nos distintos foros que se propoñan de cada tema e nos cuestionarios relacionados.
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de exercicios individual e en grupo que se avaliarán e corrixiranse para detectar fallos ao longo do curso.
Saídas de estudo Visitas a Centros onde se fan ensaios de control de calidade aquí en Galicia.
Estudo de casos Realización de traballos, individual ou en grupo, propostos polo profesorado e orientados ao control de calidade en industrias do ámbito enerxético.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000