Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Recursos, instalacións e centrais hidráulicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Entrega dunha memoria/informe/cuestionario e/ou realización de proba
oral de a lo menos dúas prácticas experimentais/TIC a realizar ao longo
do curso. Consultar metodoloxía detallada no apartado "outros
comentarios sobre a a avaliación".

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos dos fundamentos das máquinas de fluído.
Adquirir habilidades sobre o proceso de dimensionado de instalacións hidráulicas.
10 B1
B2
B4
B6
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas Trátase de dúas probas de avaliación continua que se realizarán ao longo
do curso escolar. Consistirán en exercicios escritos/probas de resolución
de problemas. Cada un terá un peso do 12,5% da nota total.
Consultar metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a
a avaliación".

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:

Comprender os aspectos básicos dos fundamentos das máquinas de fluído.
Adquirir habilidades sobre o proceso de dimensionado de instalacións hidráulicas.
25 B1
B2
B4
B6
D1
D2
D3
D5
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá en dúas probas escritas que poderán consistir en cuestións
teóricas/prácticas que inclúan resolución de exercicios e problemas e/ou
tema a desenvolver. Cada proba representará o 12,5% da nota total. Para
máis información, consultar metodoloxía detallada no apartado "outros
comentarios sobre a a avaliación"

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos dos fundamentos das máquinas de fluído.
Adquirir habilidades sobre o proceso de dimensionado de instalacións hidráulicas.
25 B1
B2
B4
B6
D1
D2
D3
D5
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba coincidirá co exame oficial establecido polo centro. Consistirá
nunha proba escrita para a resolución de exercicios/problemas. Consultar
metodoloxía detallada no apartado
"outros comentarios sobre a a avaliación".

Con esta metodoloxía trabállanse todos os RESULTADOS ESPERADOS NA MATERIA.
40 B1
B2
B4
B6
C45
D1
D2
D3
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en calquera caso de acordo á normativa vixente.

O problema da elección polo alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou outra, de acordo cos pesos máximos estipulados, maniféstase de forma máis dramática no caso de dous alumnos/as que realizan o exame/reválida final e, obtendo exactamente a mesma cualificación nel (por exemplo, un 6), un aproba por ter elixido a avaliación global e o outro suspende por ter elixido a avaliación continua e obter só un 4.2 sobre 10 na media das probas de avaliación continua.

Para mitigar esta contradición da normativa no caso de optar por facer unha proba final de reválida, nesta materia calcularanse para cada estudante en modalidade de avaliación continua, dúas notas e asignaráselle a máis alta das dúas.

Modalidade Avaliación Continua

No calculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os seguintes pesos:

· Primeira proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

· Segunda proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

· Proba final de avaliación continua (reválida), peso: 40%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

· Prácticas, peso: 10%. Entrega dunha memoria/informe/cuestionario e/ou realización de proba oral de a lo menos dúas prácticas experimentais/TIC a realizar ao longo do curso.

No espírito do parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante a seguinte fórmula:

Nota-Actas = máx {0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/20)NC(10 - NF)}

onde NC é a media ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10) e NF é a nota do exame

final de reválida (tamén sobre 10).

Modalidade Avaliación Global

Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola, puntuación máxima: 100%

Segunda oportunidade

Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto, gárdase a nota das probas parciais e de prácticas.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000