Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Explotación sostible de recursos mineiros II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación de exercicios. Ao longo do curso, unha vez expostas e desenvolvidas na aula as ferramentas necesarias para abordar a resolución de exercicios, proporase un conxunto de exercicios para resolución autónoma por parte de do estudante. A puntuación máxima é de 2 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 0,8 puntos neste epígrafe. Os resultados Los resultados previstos na materia que se avalían son: Coñecer o ciclo mineiro de produción, así como a tecnoloxía dispoñible para levar a cabo as operacións unitarias que o conforman no ámbito da
minería subterránea, interpretar e realizar un plan de labores dunha mina sinxela subterránea.
20 A1
A2
A3
B1
C23
D1
D2
Estudo de casos Ao longo do curso exporase a realización de traballos en grupos de 2/3 estudantes. A avaliación e cualificación realizarase por grupo. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 2 puntos. Los resultados previstos na materia que se avalían son: Identificar e comprender os aspectos Xeomecánicos dos diferentes métodos de explotación por minería subterránea, coñecer o ámbito legal da minería e outras lexislacións de obrigado cumprimento, así como os documentos de obrigada redacción en toda actividade mineira. 20 B1
B3
B8
C23
D8
D13
Lección maxistral Avaliación dunha proba escrita. A puntuación máxima da proba é 4 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 1,6 puntos neste epígrafe. Los resultados previstos na materia son: Identificar e comprender os aspectos xeomecánicos dos diferentes métodos de explotación por minería subterránea, coñecer o ámbito legal da minería e outras lexislacións de obrigado cumprimento, así como os documentos de obrigada redacción en toda actividade mineira, usar o apreso como elemento de apoio e complemento da comprensión doutras disciplinas que compoñen os estudos da carreira. 40 A4
A5
B2
B4
C23
D2
D3
D5
Prácticas con apoio das TIC Avaliación dun informe de prácticas. A puntuación máxima da proba é 2 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 0,8 puntos neste epígrafe. Los resultados previstos na materia son: Desenvolver a capacidade de representar, interpretar e resolver correctamente algúns problemas concretos, que poden presentarse na súa futura actividade profesional, interpretar e realizar un plan de labores dunha mina sinxela subterránea 20 A4
A5
B5
B6
B7
B8
C23
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Para sumar a puntuación obtida na avaliación da sesión maxistral, a resolución de problemas e Prácticas TIC é necesario alcanzar a puntuación mínima requirida nos tres apartados. Estas condicións de avaliación e cualificación son aplicables para a primeira oportunidade da modalidade avaliación continua

Na segunda oportunidade da modalidade avaliación continua, propoñeranse diferentes probas que permitan alcanzar a puntuación máxima en cada un dos apartados considerados. Gardaranse as cualificacións obtidas na primeira oportunidade sempre que se alcancen os mínimos establecidos e o alumnado o solicite. Para superar a materia será necesario alcanzar un 5 na nota global e superar os requisitos mínimos esixidos na primeira oportunidade da modalidade avaliación continua.

Se se renuncia á avaliación continua, todos os contidos da materia, excepto os traballados nas prácticas TIC, serán avaliados mediante un único exame final (80%), tanto na primeira como na segunda oportunidade do sistema de avaliación global. O 20 % restante avaliarase a través dunha proba a resolver mediante o manexo do software empregado nas prácticas TIC da materia

O calendario de exames está dispoñible na web do centro

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000