Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Explotación sostible de recursos mineiros II
   Contidos
Tema Subtema
Natureza e ámbito da minaría subterránea Natureza e ámbito da minaría subterránea. Preparación xeral dunha mina. Labores de infraestrutura, de preparación e de arranque. Terminoloxía empregada en minería subterránea: labores e operacións. Instalacións no exterior dunha mina subterránea. Implantación mineira.
Algunhas consideracións respecto da distribución de tensións ao redor de escavacións. Campo de influencia dunha escavación. Resposta do macizo rochoso durante a actividade das frontes de produción. Formas de controlar os ocos mineiros.
Clasificación dos métodos de explotación por minería subterránea. Métodos con sostemento natural. Métodos con sostemento artificial. Métodos con afundimento.
Ciclo de produción en minería subterránea Operacións de arranque, carga e transporte en minería subterránea. Dimensionado de equipos. Dixitalización de operacións en minería subterránea. Equipos e tecnoloxía
Métodos de explotación con sostemento natural Aspectos xerais sobre os métodos con sostemento natural.
Cámaras e pilares. Deseño explotacións con métodos analíticos. Teoría da área atribuida.
Cámaras e pilares en minería metálica. Campo de aplicación, variantes, vantaxes, limitacións. ciclo de produción e ciclo auxiliar.
Cámaras e pilares en carbón. Campo de aplicación, variantes, vantaxes, limitacións.
Cámaras baleiras con arranque desde subniveis. Campo de aplicación, xeometría do método, arranque con barrenos en paralelo e en abanico, vantaxes e limitacións.
Cámaras baleiras con grandes barrenos.
Cámaras baleiras con voadura con cargas esféricas (VCR).
Métodos de explotación con sostemento artificial Xeneralidades sobre os métodos de explotación con recheo. Campo de aplicación dos métodos con corte e recheo.
Método de explotación por corte e recheo ascendente. Campo de aplicación e características do método.
Método de explotación por corte e recheo descendente. Campo de aplicación e características do método.
Tipos de recheo e propiedades. Parámetros preliminares da operación de recheo.
Métodos de explotación con afundimento Método de explotación por frente longo. Mecanismos básicos de afundimento e distribución de tensións ao redor do frente. Ciclo de produción: mecanización integral.
Método de explotación por subniveis afundidos. Aspectos xeomecánicos do método de explotación. Ciclo de produción.
Método de explotación por bloques afundidos.
Plans de labores en minería subterránea. Planos de labores Planos de labores en minería subterránea: elaboración e interpretación.
Plans de labores en minería subterránea. Casos sinxelos
Tramitación administrativa de proxectos de explotación Marco normativo de ordenamento de minería. Normativa transversal e sectorial de aplicación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000