Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Procesos de recuperación de menas
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos horarios de tutorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou de MooV)i.
Resolución de problemas Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa comprensión dos problemas e a súa resolución, tanto de forma presencial (directamente na aula e en horarios de tutorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou de MooVi).
Prácticas de laboratorio Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coas prácticas, tanto de forma presencial (directamente na aula e en horarios de tutorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou de MooVi).
Estudo de casos Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa contextualización dos casos de estudo, tanto de forma presencial (directamente na aula e en horarios de tutorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou de MooVi).
Probas Descrición
Exame de preguntas obxectivas Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado que poidan xurdir durante a resolución dos cuestionarios de avaliación da parte teórica (lección maxistral) que se desenvolven durante o curso como avaliación continua. Estas dúbidas resolveranse tanto de forma presencial (directamente na aula e en horarios de tutorías de despacho) como de forma non presencial (a través do correo electrónico ou de MooVi).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000