Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Procesos de recuperación de menas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas da materia obxecto de estudo. Como recursos docentes complementarios, proxectaranse vídeos sobre aplicacións de prácticas específicas.

Co propósito de fomentar a igualdade de xénero e trasladar referentes femininos, utilizaranse vídeos protagonizados por mulleres que describen actividades relacionadas cos contidos da materia.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e exercicios de carácter práctico relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a aplicación de rutinas e expresións así como interpretar os resultados. Utilízase como complemento da lección maxistral.

Trabállanse de maneira transversal aspectos ambientais como criterio a ter en conta na valoración dos procesos mineralúrxicos economicamente máis interesantes.
Saídas de estudo Actividades de observación dos coñecementos nun contexto real externo que permitirá contrastar os coñecementos adquiridos na aula e facilitar a súa comprensión.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas co fin de adquirir habilidades básicas procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo.

As prácticas están concibidas para que o alumnado aplique os coñecementos teóricos co obxectivo de recuperar en laboratorio as menas que conforman unha mostra de mineral real. No desenvolvemento da práctica deberá tomar decisións sobre os procesos a aplicar tendo en conta o progreso científico da técnica e aspectos económicos e ambientais que condicionan a sustentabilidade do proceso de recuperación.
Estudo de casos Análise de casos reais de recuperación de menas coa finalidade de definir o proceso de concentración máis adecuado desde o punto de vista mineralúrxico e máis eficiente económica e medioambientalmente, considerando factores como o valor do mineral e os gastos enerxéticos, os gastos derivados do procesado do concentrado e os xerados pola xestión de residuos.

Os estudos de casos complementan as prácticas de laboratorio e as clases teóricas (aula maxistral)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000