Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Xestión de obras e replanteos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas
e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo/a estudante.
Resolución de problemas Resolución de exercicios en aula
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades
básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo, desenvolvidas en aulas de
informática.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades
básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos
especiais con equipamento especializado
Traballo tutelado Realización e presentación de traballo sobre a temática do curso e titorización a través de entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000