Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Instalacións eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Durante o cuadrimestre realizaranse dous exames para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado -tanto nas clases teóricas como nos casos prácticos descritos nelas- sobre os aspectos básicos da materia. Cada un deles valerá o 40% da nota final, sendo necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada un deles para superar a materia. Avaliaranse todos os resultados esperados na materia 80 B1
B2
B3
B4
B8
C44
C46
C50
C51
D1
D3
D5
D6
D7
D8
Prácticas de laboratorio As cuestións relacionadas coas prácticas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre formularanse nunha proba independente, cuxo valor será de 2 puntos sobre a nota final da materia. Dita proba poderá ser substituída, se é o caso e sempre co visto e prace do profesorado, por outro tipo de avaliación como a entrega de informes, un exame práctico de montaxe da mesma, a entrega dun proxecto, etc. Avaliaranse todos os resultados esperados na materia 20 B1
B2
B3
B4
B8
C44
C46
C50
C51
D1
D3
D5
D6
D7
D8
Saídas de estudo Na proba correspondente ás prácticas da materia poderá suscitarse algunha cuestión relacionada con dita saída polo que non se especifica unha porcentaxe concreta para a avaliación da devandita metodoloxía, senón que se incluiría na anterior. Así, avalíanse todos os resultados previstos na materia 0
Seminario A avaliación da materia impartida nos mesmos incluirase no exame final do cuadrimestre e por tanto non se especifica unha porcentaxe concreta para a avaliación de devandita metodoloxía. Avaliaranse pois todos os resultados de previstos na materia. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua primeira oportunidade

 A segunda proba, cun peso do 40% da nota final, coincidirá coa data oficial do exame de primeira oportunidade que estableza o centro.

Segunda oportunidade de avaliación continua

O alumnado que optase pola Avaliación Continua e non superase ningunha das probas terá a posibilidade de repetilas o día oficial do exame, conservando as notas das xa superadas e tamén as mínimas necesarias en cada unha delas.

Avaliación global

O alumnado que opte pola modalidade de Avaliación Global será avaliado no 100% da materia nun único exame que se celebrará o día oficial sinalado pola Dirección da EME, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A documentación correspondente á materia explicada en clase poderá estar dispoñible en calquera momento na plataforma Moovi, entendéndose esta como documentación de apoio e, polo tanto, os exames non están necesariamente vinculados a dita documentación.

Calendario de exames. Verificar/consultar información actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000