Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas de laboratorio:

As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión
a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Preparación previa das prácticas
- Aproveitamento da sesión

Os enunciados das prácticas estarán a disposición do alumnado con antelación.
Avaliarase a preparación previa da práctica a través de actividades puntuables previas á sesión presencial.
O rematar a sesión de laboratorio, os/as estudantes encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.
Mediante esta metodoloxía avalíanse os resultados previsto na materia seguintes:
Coñecer o funcionamento básico dos dispositivos electrónicos.
Seleccionar e utilizar ferramentas informáticas para a análise visualización e almacenamento do valor das variables
30 A1
A2
A4
A5
B1
B3
C17
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de avaliación parcial que se realizan ao longo do cuadrimestre nas que se avalían parte dos contidos teóricos da materia. Consistirán na realización individual de probas obxectivas referidas a un conxunto de temas da materia.

Mediante esta metodoloxía avalíanse os resultados previstos na materia seguintes: Coñecer o funcionamento básico dos dispositivos electrónicos.
Coñecer o funcionamento de circuítos dixitais básicos. Coñecer as estruturas dos sistemas de adquisición de datos.
Comprender os aspectos básicos dos distintos tipos de sensores e as súas aplicacións.
Coñecer os principios básicos da instrumentación programable e a súa utilización.
Coñecer a estrutura dos convertidores electrónicos de potencia
básicos.
70 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
C17
D1
D2
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN.

1.- Avaliación continua

Primeira oportunidade:

A avaliación continua realizarase ao longo do cuadrimestre e terá unha parte de avaliación de contidos teóricos (70% de nota final) e outra das prácticas de laboratorio (30% da nota final).

A parte teórica da materia avalíase mediante tres exames parciais que se realizarán dentro do horario asignado ás aulas lectivas das materias. O peso de cada exame é do 23.3% da nota final. A nota de teoría (T) obterase da media das notas dos tres exames parciais.

Respecto a as prácticas de laboratorio, o alumnado será avaliado en todas as sesións de prácticas e obterá unha nota porcada práctica. As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. A nota de laboratorio (L) obterase da media das notas das prácticas. A cualificación L obtida en prácticas conservarase durante dous cursos académicos se o estudante non superase a materia no curso actual.

A cualificación de avaliación continua (C)calcularase como:

C = 0,7 x T + 0,3 x L

Para superar a materia por avaliación continua, tanto L como C teñen que ser maior ou igual a 5 puntos sobre 10. No caso de que L sexa inferior a 5, a cualificación máxima de avaliación continua(C) será 4.5.

O alumnado que non superase a avaliación continua durante o cuadrimestre, poderá recuperar a parte teórica na data establecida pola Xefatura de Estudos para o exame final de primeira oportunidade. Neste caso o alumnado realizará un exame que versará sobre todosos contidos teóricos da materia. A nota obtida neste exame substituirá a T obtida durante as avaliacións parciais do cuadrimestre.

Segunda oportunidade:

O alumnado que non superase a avaliacióncontinua na primeira oportunidade poderá realizar un exame de todos os contidosteóricos da materia na data prevista para os exames de segunda oportunidade. Anota obtida neste exame substituirá a T obtida na primeira oportunidade.

A cualificación de avaliación continua (C)calcularase da mesma forma que na primeira oportunidade:

C = 0,7 x T + 0,3 x L

2.- Avaliación global

O alumnado que queira optar polo método de avaliación global deberá solicitalo mediante correo electrónico ao profesorado responsable da materia nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre.

Quen opte por avaliación global tamén terá dúas oportunidades de avaliación, primeira e segunda oportunidade. En ambos os casos a avaliación consistirá en dous exames, un da parte teórica da materia cun peso de 70% e outro da parte práctica de laboratorio cun peso do 30%.

O exame teórico será unha proba escrita cunha duración de dúas horas e a de laboratorio terá unha duración dunha hora e realizarase no laboratorio de prácticas asignado á materia.

Para superar a materia mediante avaliación global, será necesario obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, tanto na proba escrita como na proba de laboratorio.

Recomendacións:

É moi importante que o estudantado manteña actualizado o seu perfil na plataforma MooVi da materia, pois calquera comunicación colectiva relativa á mesma realizarase a través do foro de noticias asociado. As comunicacións individuais realizaranse a través da dirección de correo persoal que figure no perfil.

O alumnado poderá consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertencen nas horas de titorías ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención personalizada.

Calendario de exames. Verificar/consultar deforma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000