Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Sistemas térmicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valórase a través de tres exames de teoría tipo test. Cada un destes exames de teoría puntuará un 5% da nota final.

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA
Coñecer a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes en aplicacións da enxeñaría termodinámica. Comprender os aspectos básicos de balance de masa e enerxía en sistemas térmicos. Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con transferencia de enerxía. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de sistemas térmicos. Profundar nas técnicas de análises de procesos.
15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
C4
D1
D2
D3
D4
D7
D8
Prácticas de laboratorio Valórase a través dun exame de tipo test ao finalizar as prácticas de laboratorio.

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA
Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con transferencia de enerxía. Profundar nas técnicas de análises de procesos.
5 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B4
C4
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de resolución de problemas e/ou exercicios. Realizaranse dúas probas, cun peso do 40% da nota final. Un realizarase durante o cuadrimestre e o outro na data oficial que estableza o centro.

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA.
Coñecer a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes en aplicacións da enxeñaría termodinámica. Comprender os aspectos básicos de balance de masa e enerxía en sistemas térmicos. Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con transferencia de enerxía. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de sistemas térmicos. Profundar nas técnicas de análises de procesos.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C4
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións sobre a avaliación continua:

Os exames teóricos e prácticos previos ao exame final de primeira oportunidade (Final de xaneiro) permitirán obter 2,0 puntos sobre un total de 10 puntos. O exame de problemas previo ao exame final de primeira oportunidade (Final de xaneiro) permitirá obter 4,0 puntos sobre un total de 10 puntos. Para aqueles estudantes en avaliación continua, estes exames non son recuperables na primeira oportunidade (finais de xaneiro).

Consideracións de segunda oportunidade

O alumnado poderá realizar un exame que incluirá preguntas sobre todos os contidos da materia, podendo acceder ao 100% da nota.

Consideracións de avaliación global

Os exames realizados na data oficial consistirán en tres probas teóricas e unha práctica tipo test, puntuando cada unha delas 0,5 puntos. Os outros oito puntos son a resolución de problemas.


Calendario de exames.Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro:

 http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000