Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Circuítos e máquinas eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Mediante a resolución de exercicios similares aos explicados durante as sesións maxistrais. Realizaranse tres probas escritas parciais relacionados con circuitos monofásicos, circuitos trifásicos e máquinas eléctricas, cun peso dun 10% da calificación total cada unha.
Ademais, realizarase un exame final na data establecida no calendario de exames do centro, onde se incluirán contidos de toda a materia e que suporá un 40% da calificación total.

Resultados previstos na materia:

Dominar a análise de circuitos eléctricos monofásicos e trifásicos en réxime estacionario
Coñecer o fundamento básico do funcionamento das máquinas eléctricas
Coñecer os sistemas eléctrónicos de control de máquinas eléctricas
Coñecer e manexar os conceptos básicos do deseño de instalacións de baixa tensión.
Coñecer a normativa aplicable aos sistemas eléctricos de alta tensión
70 A1
A3
C17
D1
D3
D5
D6
D7
D8
Prácticas con apoio das TIC Asistencia ás prácticas e presentación das memorias da resolución das actividades expostas.
Para superar esta parte é necesario asistir ao 75% das horas asignadas. En caso contrario realizarase unha proba.

Resultados previstos na materia:

Coñecer o funcionamento dos sistemas eléctricos de potencia, actividades de xeración, transporte, almacenamento e distribución da enerxía eléctrica
Coñecer os elementos dunha rede de distribución: liñas, cables e aparamenta
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C17
D5
D6
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA

A nota final do alumnado que opta á avaliación continua obtense da suma das cualificacións obtidas nas probas parciais, o exame final e as prácticas co apoio das TIC.

CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que renuncie á avaliación continua terá a opción de realizar un exame final no que poderá obter o 100% da nota.

Neste caso, o alumnado realizarán dúas probas:

- Exame final: suporá o 70% da nota

- Proba correspondente a prácticas co apoio das TIC: suporá un 30%. Esta proba poderá substituírse pola entrega da acta de prácticas, no caso do alumnado que asistan polo menos ao 75% das prácticas.

CONSIDERACIONES DE SEGUNDA OPORTUNIDADE

Mantéñense as condicións establecidas para a primeira oportunidade.

Calendario de exames.Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro:

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000