Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Física: Física I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Física: Física I Código V09G311V01102
Titulación
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física aplicada
Coordinador/a
Vijande López, Javier
Correo-e jvijande@uvigo.es
Profesorado
Cabaleiro Álvarez, David
Vijande López, Javier
Web http://clickonphysics.es/
Descrición xeral Física 1 é unha materia de formación básica que consta de 6 ECTS e que ten unha función clara de ponte que adecúa os coñecementos en Física cos que teoricamente o alumnado accede á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Así mesmo os contidos da materia, equilibrados en canto aos aspectos teóricos e prácticos, serven de enfoque e referente para boa parte das materias científico-tecnolóxicas da Titulación. Algún dos créditos da materia abordan contidos máis específicos necesarios para proporcionar unha base ampla de coñecementos que permita o desenvolvemento apropiado nun mundo actual altamente tecnificado, facilitando a adquisición posterior das necesarias destrezas e habilidades teórico-prácticas relacionadas coas actuacións profesionais cun enfoque global dentro do campo das enxeñarías e cun enfoque concreto para os titulados da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Esta materia ten como competencia específica a comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da Mecánica e as Ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000