Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito de 12 cuestións de resposta curta. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos da Mecánica, os Campos e as Ondas. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica, os Campos e as Ondas. Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico. 35 A1
A2
A3
A4
A5
C4
D1
D3
D4
D5
D10
Resolución de problemas Exame escrito de 3 exercicios. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica, os Campos e as Ondas. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica, os Campos e as Ondas. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica, os Campos e as Ondas.
Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico.
35 A1
A2
A3
A4
A5
C4
D1
D3
D4
D5
D10
Prácticas de laboratorio Memoria de Laboratorio. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos da Mecánica, os Campos e as Ondas. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica, os Campos e as Ondas. Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa coa Mecánica e as Ondas. Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico. 15 A1
A2
A3
A4
A5
C4
D1
D3
D4
D5
D10
Seminario Memoria de Traballo. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica, os Campos e as Ondas. Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa coa Mecánica, os Campos e as Ondas. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica, os Campos e as Ondas. Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico. 15 A1
A2
A3
A4
A5
C4
D1
D3
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Propóñense dúas oportunidades de Avaliación Continua (AC):

Primeira oportunidade
AC
(ao final do cuadrimestre). Con obxecto de facilitar unha
avaliación continua durante o cuadrimestre faranse dous exames parciais
voluntarios (con contidos das sesións maxistrais de Teoría (T) e das de
resolución de exercicios/Problemas (P)), que de seren aprobados liberan os
contidos correspondentes no exame final escrito da primeira oportunidade AC.
Para superar estes exames parciais voluntarios é necesario obter unha nota
mínima de 3,50 nas probas escritas (T e P) e unha media (0.5*(T+P)) igual ou superior a 5. Cada
exame parcial voluntario supón o 23.33% (70%/3) da nota da materia. Outras
Probas Voluntarias de Teoría (PVT) semanais e de Problemas (PVP) mensuais, avaliadas
entre 0 e 1 punto, incrementan a nota final de acadarse unha nota media mínima de
3,50 nos exames escritos (T e P). A asistencia ás sesións de Grupos B (SB) e Grupos
C (SC) é obrigatoria, polo tanto a cualificación obtida na Memoria de Traballo
de Seminario/Proxecto de Física (PF) e na Memoria de Prácticas de Laboratorio
(L) pondérase de acordo coa asistencia correspondente. Ambos traballos poden incrementar
a súa nota se se realizan as Probas Voluntarias de Laboratorio (PVL), avaliadas
entre 0 e 1 puntos.

Segunda
oportunidade AC
(xullo). Mantéñense os valores
obtidos anteriormente nos seguintes avaliables: PVT, PVP, PVL, SB, SC, PF e L.
O exame escrito consta agora de 3 exercicios e 9 preguntas de resposta curta e
asume no seu conxunto, como na primeira oportunidade CE, 70% da nota final.

En ámbalas dúas oportunidades de
Avaliación Continua, a Nota Final obtense mediante a seguinte fórmula:

Nota Final =
Nota A + Nota B + Nota C

sendo:

Nota A = [(T + PVT)
+ (P + PVP)] * 0,35

Nota B = (L + PVL)
* SB * 0,15

Nota C = (PF + PVL)
* SC * 0,15

T1, T2, T3:
nota de Teoría dos bloques 1 (Cálculo vectorial, teoría de campos e Cinemática),
2 (Dinámica) e 3 (Estática e movemento oscilatorio), respectivamente

P1, P2, P3:
nota de Problemas dos bloques 1 (Cálculo vectorial, teoría de campos e
Cinemática), 2 (Dinámica) e 3 (Estática e movemento oscilatorio), respectivamente

T: media das notas
de teoría

P: media das notas
de problemas

T + PVT:
engádese a nota das PVT se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos

P + PVP:
engádese a nota das PVP se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos

L: nota media
das 6 prácticas de laboratorio

SB: asistencia
ás sesións B (SB = nº de sesións asistidas/5)

L + PVL:
engádese a nota das PVL se L iguala ou supera os 3,50 puntos

PF: nota do Proxecto
de Física

SC: asistencia
ás sesións C (SC = nº de sesións asistidas/3)

PF + PVL: engádese
a nota das PVL se PF iguala ou supera os 3,50 puntos

 

Ademáis das probas
voluntarias de teoría, problemas e laboratorio, pódese propor unha proba
voluntaria adicional de carácter xeral que consiste na realización dun curso
online de 15 horas de duración programado pola Biblioteca da Universidade e que
se pode realizar ao longo dun mes aproximadamente. Este curso poderá realizarse
sempre que a Biblioteca da Universidade poda ofertalo e o alumnado que consiga
un “apto” recibirá un certificado emitido pola Bilbioteca computable por 15 horas
de traballo para o recoñecemento de créditos e incrementará ata en 1 punto
adicional a nota final da materia sempre que esta sexa maior ou igual a 3.50. A
cualificación deste curso estará ponderada coa participación en tódalas
actividades obrigatorias e voluntarias propostas na materia do seguinte xeito:

A nota final da materia (Nota
A + Nota B + Nota C), despois de incrementadas as cualificacións da probas
voluntarias de teoría, problemas e laboratorio, nos termos indicados
anteriormente, multiplicarase por un índice de participación global
(ip_materia) que contempla a participación (non a cualificación obtida) en cada
un dos tipos de actividades, cuxo valor está comprendido entre 0 e 1:

ip_materia = ip_A + ip_B + ip_C

onde:

1).
ip_A é o índice de participación en actividades relacionadas coa partes
avaliadas na Nota A (realización das PVT, PVP e exame da convocatoria)
ponderada co mesmo peso que este tipo de actividades (35%):

ip_A = (ip_PVT + ip_PVP) * ip_exame * 0.35

2).
ip_B é o índice de participación en actividades relacionadas coa parte avaliada
na Nota B (realización das PVL e dos informes de laboratorio e máis a
asistencia ás sesións B) ponderada co mesmo peso que este tipo de actividades
(15%):

ip_B = ip_PVL * ip_SB * ip_L * 0.15

3).
ip_C é o índice de participación en actividades relacionadas coa parte avaliada
na Nota C (realización das PVL e do Proxecto de Física e asistencia ás sesións
C) ponderada co mesmo peso que este tipo de actividades (15%):

ip_C = ip_PVL * ip_SC * ip_PF * 0.15

sendo:

ip_PVT
o índice de participación na realización das PVT: número de probas realizadas
dividido entre o número de probas propostas (entre 11 e 12 segundo a marcha do
curso);

ip_PVP
o índice de participación na realización das PVP: número de probas realizadas
dividido entre o número de probas propostas (3);

ip_PVL
o índice de participación na realización das PVL: número de probas realizadas
dividido entre o número de probas propostas (4 segundo a dispoñibilidade de
tempo);

ip_L o
índice de participación na realización dos informes de laboratorio: número de
informes entregados dividido entre número de prácticas propostas (6);

ip_PF
o índice de participación na realización do Proxecto de Física: 1 se é
entregado e 0 en caso contrario;

ip_SB
o índice de participación nas sesión B, é dicir a asistencia ás sesións B
indicada anteriormente (SB): número de sesións asistidas dividido entre o número
de sesións programadas (5);

ip_SC
o índice de participación nas sesión C, é dicir a asistencia ás sesións C
indicada anteriormente (SC): número de sesións asistidas dividido entre o número
de sesións programadas (3);

ip_exame
o índice de participación no exame final da convocatoria: 1 de presentarse e 0
de non presentarse.

 

Finalmente,
se a nota final (Nota A + Nota B + Nota C) iguala ou supera o valor de 3.50,
incrementase esta coa nota obtida no curso da Biblioteca (Nota Biblio),
avaliada sobre 1 punto e multiplicada polo índice de participación global na
materia:

Nota
Final = (Nota A + Nota B + Nota C) + Nota Biblio * ip_materia

 

 

O alumnado
dispón na Telemateria de MooVi dun simulador de cálculo de cualificacións.

 Avaliación Global
(AG):

 





































































































Aquel
alumnado que non poida cumprir co método de Avaliación Continua (AC) descrito
poderá acollerse en prazo a unha avaliación única global, entendendo por tal a
que se realiza nun só acto académico, a cal poderá incluír cantas probas sexan
necesarias para acreditar que o estudantado adquiriu a totalidade das
competencias descritas na presente Guía Docente

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na página web del centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000