Educational guide 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Presentacion

(*)
A ninguén se lle escapa a inmensa riqueza dos recursos naturais de España en xeral e de Galicia en particular, riqueza que doutra banda parece non ser tradicionalmente canalizada en forma adecuada para incrementar os recursos e a calidade de vida, por iso debe ser o noso propósito, que os recursos minerais e enerxéticos contribúan a xerar riqueza, e que o fagan de maneira sustentable; de forma que nin se desaproveiten recursos que poidan contribuír a mellorar a calidade de vida, nin se deteriore o Medio Ambiente.

A crecente importancia de todos os aspectos relativos á minería na economía fai que numerosos sectores como a obra civil subterránea, a xestión de recursos naturais en xeral e enerxéticos en particular, augas e medio ambiente e novos materiais estean en fase de constante crecemento.

Doutra banda a enorme importancia do sector enerxético no desenvolvemento económico, en particular das fontes de enerxía, obriga a realizar un esforzo na exploración de recursos tanto novos como convencionais, compatible coa protección ambiental, buscando un crecemento sustentable.

Ante estas circunstancias, xorde a necesidade de formar profesionais na xestión de recursos naturais, con especial atención ás connotacións ambiental que comporta esta actividade.

Este grao, que capacita para o exercicio da profesión regulada por lei de ENXEÑEIRO TÉCNICO DE MINAS, pretende fornecer a formación adecuada e de alto nivel aos futuros profesionais para a exploración, investigación, explotación, beneficio, elaboración, transformación e utilización dos recursos mineiros (rocas e minerais, augas subterráneas, augas mineiras e termais,….) e enerxéticos (petróleo, gas natural, …) na Terra e outros recursos xeolóxicos, como o espazo subterráneo, actividades todas elas que han de levarse a cabo de forma segura, rendible e ambientalmente aceptable. Os seus coñecementos en escavación mediante o uso de explosivos convérteno nun técnico adecuado no movemento de terras, así como na execución e control de túneles e obras subterráneas en xeral.

A formación destes enxeñeiros céntrase tanto no ámbito da industria mineira, que comprende a avaliación, planificación e explotación de xacementos minerais e o deseño e a práctica de procesos de transformación física e química dos minerais para obter os produtos minerais, no refino de petróleo, a petroquímica e a carboquímica, así como o aproveitamento e transformación de todo tipo de recursos enerxéticos, ademais, de coñecer as tecnoloxías propias dos materiais metálicos, cerámicos, polímeros e compostos, desde a súa obtención ata o seu uso, así como as técnicas siderometalúrgicas, sendo capaz de deseñar o material adecuado a cada aplicación e de fornecer ás industrias da construción e bens de equipos os materiais que precisan.

A formación para a obtención de tales coñecementos é necesariamente multidisciplinar sen perder de vista os aspectos técnicos económicos e ambiental que converta aos profesionais deste sector nuns provedores de desenvolvemento sustentable para a nosa sociedade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000