Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tratamento de correntes e efluentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase os coñecementos adquiridos en clase por parte do alumno. Serán probas de resposta curta, nas que o alumno poderá alcanzar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10 de acordo coa lexislación vixente. 5
Seminarios Nos seminarios formularanse, exporanse e resolveranse problemas relacionados co tratamento de correntes e fluentes, aplicando os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais.
O alumno deberá buscar solucións aos problemas expostos, achegándose á problemática real. Ademais deberá saber buscar información relacionada cos problemas en cuestión, utilizando bases de datos adecuadas.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumno deberá resolver problemas utilizando os coñecementos teóricos adquiridos en clase. Utilizarase unha proba escrita onde o alumno deberá resolver 2 ou 3 problemas. O alumno poderá alcanzar unha puntuación de entre 0 e 10 de acordo coa lexislación vixente. 40
Prácticas de laboratorio Ao finalizar cada práctica o alumno deberá elaborar un informe detallado da mesma, no que se inclúan aspectos tales como: obxectivos e fundamentos teóricos, procedemento seguido, materiais utilizados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos. 10
Probas de resposta curta Avaliarase os coñecementos adquiridos en clase por parte do alumno. Serán probas de resposta curta, nas que o alumno poderá alcanzar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10 de acordo coa lexislación vixente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 23 de marzo de 2015
ás 10:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 8 de xullo de 2015
ás 10:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 22 de outubro 2014 ás
16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000