Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Proxectos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realización en grupo, coa orientación do profesor e coa participación activa dos seus membros, de exercicios e problemas interdisciplinares, o máis próximos posible a casos reais. 60
Probas de tipo test Realización de probas e exercicios prácticos relacionados cos contidos da materia, no marco da proba de avaliación final da materia. 20
Probas de resposta curta Desenvolvemento de temas e conceptos teóricos relacionados cos contidos da materia, no marco da proba de avaliación final da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
avaliación do traballo do estudante, individual e/ou en grupo, de forma
presencial e non presencial realizarase mediante a valoración do profesor
ponderando as diferentes actividades realizadas.

Para cursar a
materia os alumnos poden optar pola modalidade de Avaliación Continua ou
a de Avaliación non Continua. En ambos os casos, para obter a cualificación empregarase
un sistema de valoración numérica con valores de 0,0 a 10,0 puntos
segundo a lexislación vixente (R.D. 1125/2003 de 5 de setembro, BOE. nº 224 de 18
de setembro). A materia considerarase superada cando a cualificación
do alumno supere 5,0.

Para a
Primeira Convocatoria ou Edición.

a) Modalidade de Avaliación Continua:

A nota final da materia combinará as cualificacións dos traballos propostos e desenvolvidos nas clases prácticas (60%) ao longo do cuadrimestre con cualificacións parciais teóricas e/ou a cualificación da proba final celebrada na data fixada pola Dirección da Escola (40%).

Valoraranse o comportamento e a implicación do alumno nas clases e na realización das diversas actividades programadas, o cumprimento dos prazos de entrega e/ou exposición e defensa dos traballos propostos, etc.

No caso de que
un alumno non alcance o mínimo de 3,5 puntos sobre 10 esixido nalgún dos apartados,
terá que realizar un exame na Segunda
Convocatoria, ou elaborar traballos ou supostos prácticos para adquirir
as competencias establecidas para esas partes.

*b) Modalidade de Avaliación
non Continua:

Establécese un prazo de dúas
semanas desde o inicio do curso para que o alumnado xustifique documentalmente a súa imposibilidade para seguir o proceso de avaliación continua.

O alumno que renuncie á
avaliación continua deberá de realizar un exame final que abarcará a
totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e
que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas
e desenvolvemento de supostos prácticos. A cualificación do exame será o 100% da nota final.  



Esíxese alcanzar unha
cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10,0 posibles para poder superar a
materia.

Para a
Segunda Convocatoria ou Edición.

Os alumnos que non
superen a materia na Primeira Convocatoria,
pero que teñan superadas partes dalgún dos bloques de teoría ou prácticas,
poderán optar por presentarse unicamente ás partes  suspensas, conservándose a cualificación das
partes xa superadas, aplicándolles os mesmos criterios de avaliación.

Os alumnos que desexen
mellorar a súa cualificación ou que non superasen a materia na Primeira Convocatoria poderanse presentar á
Segunda Convocatoria, onde se realizarán
un exame que abarcará a totalidade dos contidos da
materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderán incluír probas tipo
test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos
prácticos. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10,0
posibles para poder superar a materia.

As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 27 de marzo de 2015
ás 10:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 10 de xullo de 2015
ás 10:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 24 de outubro 2014 ás
12:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0







Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000